O Concello certifica as obras de mellora e ampliación de diversas vías públicas

O Concello de Cerceda certificou esta mañá unha serie de obras realizadas no termo municipal e que serviron de mellora e ampliación das conexións inter parroquiais. 

Esta mañá o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e o concelleiro de Obras, Francisco Boquete, supervisaron os resultados finais da ampliación da senda na contorna do Museo da Minería; a mellora dun camiño en Trigueira; outro en Aroxeira; a adecuación da pista que une Carballás e Sandiáns; a optimización das beirarrúas na Silva e na rúa Laracha e a creación das beirarrúas que dan aceso á parte traseira do CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva.

En total, licitáranse cun orzamento aproximado de 162.000 euros.