Fin do prazo para solicitar accións gratuítas, por parte dos usuarios de TDT, polos efectos que provocan os nodos 4G e 5G.

Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, poderían producirse efectos na recepción da televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 realiza as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción de usuarios de TDT. Estas actuacións son gratuítas para os cidadáns afectados.

Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios da TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

Mediante esta comunicación informámoslle de que está a piques de rematar o prazo autorizado de 6 meses, desde a posta en marcha de todas as estacións que afectan ao seu concello, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.

Sen prexuízo do anterior, infórmase de que o 31-05-2023 rematará definitivamente o prazo de solicitude de accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT, polos posibles efectos ocasionados polos nodos 4G e 5G.

 

Lembrámosvos que para acudir ao centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, haberá que chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.