Cultura e educación

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello. 

INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018

  • Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
  • Horario: das 17 ás 18h30
  • Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
  • Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
    • Datos para facer o ingreso bancario
  • Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
  • Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
  • Importe: 9 euros

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio.

“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.

Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
  • Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

 

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
  • POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
  • INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001

 

Atención...!! este venres, 16 de marzo a partir das 17:15h, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • VENRES, 16 DE MARZO, ÁS 17:15h. MERENDAS E CONTOS BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Espectáculo: AVÓS, de TrinkeTrinke Teatro (a partir de 3 anos)
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001

Xa está todo previsto para celebrar o Martes de Entroido cunha boa festa no Polideportivo municipal de Cerceda. Non esquezas o teu disfraz e prepárate para xogar  nos inchables, facerte unha fotografías divertidas no fotomatón e tomar unha boa merenda!

  • MARTES, 13 DE FEBREIRO. A partir das 16h30 e ata as 20h. Polideportivo de Cerceda

Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

 

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • VENRES, 26 DE XANEIRO-- ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: AS ILLAS DOS TESOUROS de TRINKE TRINKE TEATRO
  • Inscricións no teléfono 981685001

O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros.

CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:

  • As ferramentas de poda e o seu mantemento 
  • Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
  • As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
  • Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
  •  Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
  • Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
  • Tratamentos naturais para as froiteiras.

Páxina 2 de 4