Canta, miña pedra, canta
Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas
O Concello de Cerceda quere, deste xeito, conmemorar o Día das Nosas Letras cunha proposta de música familiar para o venres, 17 de maio ás 17h, no Auditorio municipal de Cerceda.
O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.
Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos de Cerceda, con motivo do Día do Libro 2019, foi agasallado cunha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.
AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
VENRES, 17 DE MAIO ÁS 17:00 H