COMUNICACIÓN FIN DE NODO (LLEGA700)

A empresa de telefonía LLEGA700 informou de que, tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, podían producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en marcha das estacións base de telefonía móbil non afecten á TDT, a entidade levou a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de balde para os afectados.

De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de seis meses dende a data de posta en marcha das estaciones de telefonía móbil.

Lembrar que está a punto de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, dende o acendido das estacións que afectan ao seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para los cidadáns.

O 31 de decembro remata definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.

Nun futuro, o municipio podería contar con novas estacións bases de telefonía móbil. De ser así, se volvería a informar e se atenderían, de balde, todas as incidencias producidas, abríndose un novo prazo de seis meses dende a data de acendido.

En caso de dúbida ou requirir información máis detallada sobre as estacións, podedes chamar á Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700, no 900 831 902.

Para poder atender e resolver as incidencias podedes chamar ao 900 833 999.