Axudas municipais á escolarización para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

Dende o 26/08/2021, ata o 14/09/2021,  está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais á escolarización para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) Libros de texto

b) Material escolar

c) Vestiario básico

d) Material de protección sanitaria fronte ao COVID19 (solicitado polo centro escolar): máscaras de protección, xeles hidroalcohólicos, fundas para máscaras, bolsas herméticas, ...

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares así como, os gastos orixinados pola adquisición de dispositivos e material informático (ordenadores, impresoras, tablets, pen-drive,...)

Para mais información poden contactar co Departamento de servizos sociais, no telf.: 981 68 60 68, ou ben consultar as bases reguladoras no seguinte enlace:

 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006422.pdf

 

Descargar solicitude