Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais

300420

1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)

Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.

2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico: ccp.coruna@xunta.gal

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas amoreados por motivos fitosanitarios en explotacións agrícolas profesionais, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk