Cultura e educación

Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos este domingo 8 de outubro no Auditorio municipal

Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo! Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a
poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin
distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con
obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María
Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas
pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros
que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de
esquecer esta máxica historia.
Público: Familiar (recom.+5 anos)
Duración: 60 min.
  • DOMINGO, 8 DE OUTUBRO -- ÁS 18:00H
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada de balde ata completar aforo.

Curso básico de lingua galega do SNL da Mancomunidade

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente): Curso básico de lingua galega  Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120) Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas) Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

Voltan as Merendas e Contos á Biblioteca da Silva este venres 29 de setembro

Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.
Público: Nenos de 4 a 10 anos. BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -
  • VENRES, 29 DE SETEMBRO
  • ÁS 17:15H
Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

Teatro do Noroeste co seu espectáculo Estado de Graza este sábado 30 de setembro no Auditorio

TEATRO DO NOROESTE co espectáculo ESTADO DE GRAZA Sábado, 30 de setembro – Ás 20:30h Auditorio municipal de Cerceda Teatro do Noroeste chega a Cerceda, da man da Deputación da Coruña, para conmemorar o seu 30 Aniversario na escena galega co espectáculo Estado de Graza. A presentación do espectáculo, no Auditorio municipal de Cerceda, coindice coa reunión anual da Asociación de directores/as de escena de España que este ano celébrase en Galicia.   A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas. A historia de catro mulleres que loitan por establecer o seu lugar no mundo nun momento histórico complicado como foi o tardo franquismo. Público adulto http://www.teatrodonoroeste.com/obra.php?idObra=57

Último día para inscribirse ao Camiño Santiago - Fisterra

As persoas interesadas en facer o Camiño francés de Santiago a Fisterra no mes de outubro, teñen ata hoxe, xoves 14 de setembro, para poderse inscribir. Máis información no teléfono 981685001

Aquapark Cerceda

Xardín Botánico

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.

En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk