Cultura e educación

Chega a Cerceda Patapatúm da Compañía Elefante Elegante o domingo 5 de maio

A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
  • ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 

Canta, miña pedra, canta un espectáculo para as Letras Galegas 2019

Canta, miña pedra, canta Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas O Concello de Cerceda quere, deste xeito, conmemorar o Día das Nosas Letras cunha proposta de música familiar para o venres, 17 de maio ás 17h, no Auditorio municipal de Cerceda. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos de Cerceda, con motivo do Día do Libro 2019, foi agasallado cunha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares. AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA VENRES, 17 DE MAIO ÁS 17:00 H

Merendas e Contos na Biblioteca da Silva este venres 26 de abril

Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

Andaina para coñecer Aula da Natureza e o Xardín botánico de Cerceda

O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza. A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda. Para anotarse ao 981685001 ou 682348556. Agardámosvos.

LLega 800

CAU 900 833 999 Máis información en https://www.llega800.es/

Programa de visitas aos museos de Cerceda: Museo da Minería este sábado 30 de marzo

Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira. O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556   Attachments:
CARTEL ANUNCIO VISITA MUSEO DA MINERÍA.pdf

Este venres 22 de marzo tocan Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda

A Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos este venres 22 de marzo, a partir das 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 22 DE MARZO ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: ¿DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS?
  • INSCRICIÓNS: NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
 

Programación de visitas aos Museos de Cerceda

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación de visitas s nosos museos. Aquí tes toda a información desta proposta cultural. En Cerceda posuímos catro museos. Cada un deles con unha temática relacionada con Cerceda, onde se poden aprender curiosidades do municipio e outras de carácter xeral. As visitas son guiadas e de balde. Se estás interesada ou interesado en pasar unha xornada de divertimento e aprendizaxe, podes poñerte en contacto: -682 34 85 56 ou 981 68 50 01

Obradoiro de Cociña para nen@s: aberto o prazo de inscrición

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.  INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
  • Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
  • Horario: das 17 ás 18h30
  • Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
  • Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
    • Datos para facer o ingreso bancario
  • Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
  • Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
  • Importe: 9 euros
Attachments:
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO coas mans na masa.pdf

O caso é ter saúde da Compañía Malasombra este domingo 7 no Auditorio municipal de Cerceda

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio. “O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles. Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk