Actualidad

Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019

Publicación das listaxes coas solicitudes completas e pendentes de emendar documentación para as axudas de material escolar. Curso 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068 Attachments:
LISTAXE DE SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS CURSO 2019-2020.pdf

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar. O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais. O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas... Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68   .

Inscripción no Servizo Bos Días Cole

Teléfono problemas recepción TDT: 900 833 999

CAU 900 833 999 Máis información en https://www.llega800.es/

Programa de Turismo Imserso 2019-2020

Campaña de control de pombas no casco urbano de Cerceda

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.
No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Campamentos deportivos Deputación 2019: Resultado do Sorteo público

Acta do Sorteo Público das prazas concedidas ao Concello de Cerceda no Programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. O 05 de xuño de 2019 ás 11h30, no Salón de Plenos do Concello de Cerceda, ten lugar o Sorteo Público das prazas do programa CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 organizado pola Deputación da Coruña. Dá fe do acto o Secretario Xeral do Concello.
  1. O número de prazas asignadas pola Deputación da Coruña é de 3
  2. Preséntanse, en prazo, 6 solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda
  3. A cada persoa participante asígnaselle un número co que participará no sorteo público, de acordo co número de entrada da solicitude no Rexistro xeral:
1 2019/1158 CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA
2 2019/1159 PARDO LÓPEZ, SAÚL
3 2019/1174 MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE
4 2019/1178 LISTA MOSQUERA, PAULA
5 2019/1191 CASTRO GAREA, NURIA
6 2019/1318 VARELA PREGO, KEVIN
Realizado o sorteo, resulta a seguinte relación de persoas seleccionadas e a listaxe de reserva:
RESULTADOS DO SORTEO DAS PRAZAS PARA CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONCELLO DE CERCEDA
Nº SELECCIONADO APELIDOS E NOME
6 VARELA PREGO, KEVIN
4 LISTA MOSQUERA, PAULA
3 MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE
LISTAXE DE RESERVA
2 PARDO LÓPEZ, SAÚL
5 CASTRO GAREA, NURIA
1 CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA
Cerceda, 05 de xuño de 2019 O Secretario Xeral, Raúl Martínez Martínez Attachments:
Acta Sorteo Campamentos Deputacion 2019_veran.pdf

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk