Actualidad

PROCESO SELECTIVO PERSOAL PROGRAMA INTEGRADO +EMPREGO. ACTA NOMINATIVA

Programa de visitas aos museos de Cerceda: Museo da Minería este sábado 30 de marzo

Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira. O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556   Attachments:
CARTEL ANUNCIO VISITA MUSEO DA MINERÍA.pdf

Este venres 22 de marzo tocan Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda

A Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos este venres 22 de marzo, a partir das 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 22 DE MARZO ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: ¿DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS?
  • INSCRICIÓNS: NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
 

Resolución referente á convocatoria dunha plaza de albañil de personal laboral fixo.

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
MARTES, 12 DE MARZO DE 2019 BOP NÚMERO 49 RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PRAZA DE ALBANEL/A LABORAL FIXO Ver resolución BOP     BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 12 Lunes 14 de enero de 2019 Sec. II.B. Pág. 2502 Resolución de 28 de diciembre de 2018, del Ayuntamiento de Cerceda (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza. Ver resolución en BOE.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DE VEHÍCULOS

Concentración no Campo da Feira no Día da Muller ás 12h

O Concello de Cerceda fai un chamamento á Concentración no Día Internacional da Muller no Campo da Feira ás 12h. #igualdade #moitoporconstruir

Programación de visitas aos Museos de Cerceda

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación de visitas s nosos museos. Aquí tes toda a información desta proposta cultural. En Cerceda posuímos catro museos. Cada un deles con unha temática relacionada con Cerceda, onde se poden aprender curiosidades do municipio e outras de carácter xeral. As visitas son guiadas e de balde. Se estás interesada ou interesado en pasar unha xornada de divertimento e aprendizaxe, podes poñerte en contacto: -682 34 85 56 ou 981 68 50 01 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. //      ECOMUSEO                            MUSEO DA MINERÍA       AULA DA NATUREZA           MUSEO DO MOUCHO PROGRAMACIÓN VISITAS AULA DA NATUREZA E XARDÍN BOTÁNICO. Levar a cabo unha combinación de paseo e visita. Consistirá en ir dende O Campo da Feira ata o paseo do Acevedo, unha vez alí unha visita guiada polo Xardín Botánico e pola Aula da Natureza, continuar o paseo o carón do río Cabancos, e volta para o punto de quedada en Cerceda. -Todas as idades, pero ter en conta que vamos a camiñar. -Hora de 11:00-14:00 horas. -Data o 27 de abril. -Grupo máximo de 25 persoas. -Lembrar traer avituallamento para facer unha parada para a merenda, calzado e roupa cómoda. -Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade. PROGRAMACIÓN DE VISITAS ECOMUSEO Ofertamos unha serie de visitas orientadas a mostrar os distintos recursos culturais e naturais do noso municipio. Visitantes de 4 anos ata 12 anos. -Horas de visita será de 10:00 á 12:00 horas. -Datas o 9 de febreiro e 16 de marzo. -Grupos de máximo 15, se quedan cubertas as prazas dunha data, apuntaríase na seguinte sen problema. -Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa dar o nome e idade. Visitantes de todas as idades. -Horas de visita serán de 11:00-13:00 horas. -Datas o 23 de febreiro e 6 de abril. -Grupo de máximo 20 visitantes. -Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade. PROGRAMACIÓN VISITAS MUSEO DA MINERÍA O Museo da Minería amósanos un anaco da nosa historia coa explotación mineira. É o museo máis recente do municipio. -Todas as idades. -Hora de 11:00-12:30 horas. -Data o 30 de marzo. -Grupo máximo de 30 persoas. -Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade. Attachments:
Programacion visitas Museos_Cerceda.pdf

Actas proba de concurso-oposición para selección de oito peóns de limpeza viaria

Actas do tribunal nomeado na convocatoria de probas selectivas para a selección de oito peóns de limpeza viaria polo sistema de concurso-oposición do Concello de Cerceda. Resultados da fase de oposición. Dilixencia de correción de erro. Resultados da fase de consurso. Acta de puntuacións finais. Dilixencia de correción de erro en acta de puntuacións finais. Acta final.    

Termalismo social do IMSERSO 2019. Aberto o prazo de solicitude

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
 

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2018, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:
  • Solicitude
  • A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2019
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 17 de maio de 2019.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 16 de maio de 2019.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2019.

Máis información:

Departamento de servizos sociais. Cita previa 981 68 60 68 Attachments:
BALNEARIOS PARTICIPANTES 2019 E PREZOS

Emprego público: Decreto da Alcaldía-Presidencia sobre aprobación da lista definitiva de admitidos e tribunal ...

Decreto da Alcaldía-Presidencia sobre aprobación da lista definitiva de admitidos e tribunal do proceso selectivo para a provisión de oito peons de limpeza viaria. >>> Ver decreto completo. >>> Ver Emprego Público.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk