Actualidad

Comezamos 2018 con Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda

Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001  
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • VENRES, 26 DE XANEIRO-- ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: AS ILLAS DOS TESOUROS de TRINKE TRINKE TEATRO
  • Inscricións no teléfono 981685001

Resultado do Sorteo público Campaña de Esquí 2018 Deputación da Coruña

Publícase a acta do Sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda (4, en total) na Campaña de Inverno 2018 organizada pola Deputación da Coruña.
Accede dende aquí a Acta do Sorteo Campaña de Inverno 2018_Deputación da Coruña     Attachments:
Acta Sorteo Público_CampañaInverno 2018_Deputacion.pdf

A Cabalgata 2018 das SS.MM. de Oriente chega a Cerceda este venres 5 de xaneiro

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir as SS.MM os Reis Magos de Oriente este venres, 5 de xaneiro. Está previsto o comezo do percorrido, a partir das 17h, dende a Casa do Concello. O acto de recepción as súas Maxestades será no Auditorio municipal, onde non faltarán os agasallos, o chocolate e o tradicional Roscón. Prepara a túa carta cos teus desexos !!

Chega a Cerceda María do Ceo no Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o venres 29 de decembro

O Auditorio municipal de Cerceda acolle este venres, 29 de decembro, o concerto de María do Ceo e as súas Cancións para nenas e nenos dentro da programación Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. A actividade dará comezo ás 18h e está dirixida a todos os públicos. 

Obradoiro de Poda aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros. CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:
  • As ferramentas de poda e o seu mantemento 
  • Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
  • As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
  • Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
  •  Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
  • Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
  • Tratamentos naturais para as froiteiras.

Papá Noel visita Cerceda

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce.  Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.  

Últimos días para xustificar as subvencións concedidas na Convocatoria pública de Subvencións a deportistas e ás entidades culturais e deportivas 2017

Os/as deportistas e ás entidades culturais/deportivas beneficiarias das Subvencións municipais 2017 teñen ata o venres, 15 de decembro de 2017, para a xustificar as contías concedidas. Podes acceder dende esta nova a toda a documentación necesaria para facer a xustificación ou para solicitar a prórroga do prazo de xustificación que se deberá achegar, en todo caso, ata o 15 de decembro nas Oficinas Xerais do Concello de Cerceda. Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 716/2017, de 16 de novembro de 2017, apróbase a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2017 (BOP núm. 180, de 21 de setembro de 2017). Podes acceder dende esta nova á resolución 2017.   Attachments:
0Resolucion 2017 Convocatoria subvencion municipais deporti….pdf
1 Document. Xustificacion Entidades_2017.pdf
2 Documentacion Xustif. Deportistas.pdf
3Solicitude prorroga prazo xustif.2017.pdf

Os fabulosos Cleaners co seu espectáculo máxico de pompas de xabón este domingo 17 de decembro no Auditorio de Cerceda

Chega a Cerceda o sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dos Fabulosos Cleaners, este domingo 17 de decembro a partir das 18:00h, no Auditorio municipal de Cerceda. Comeza o Nadal... E ti, vas a perdelo? OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Tarde de Maxia o sábado 2 de decembro co Mago Román e Kiko Pastur

O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h   O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos. Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

O Apóstolo o domingo 3 de decembro no Auditorio municipal de Cerceda

O domingo 3 de decembro toca Cine no Auditorio municipal de Cerceda coa proxección do filme O Apóstolo. Non quedes sin a túa butaca!!! Ás 17:30 horas Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk