Actualidad

Visitas guiadas ós museos de Cerceda

Espectáculo musical "Cada día é Domingo" 24/01/19

PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAL VAN A PERMANECER PECHADOS EN FEBREIRO

Actividade de dinamización en igualdade. 18 xaneiro

Instalación fotovoltaica na Piscina Climatizada do Concello de Cerceda

Na Piscina Climatizada de Cerceda acometeuse unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, financiada pola Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia  competitiva para o ano 2019 (DOG núm. 93 do 16/05/2019).

Termalismo social do IMSERSO 2020. Aberto o prazo de solicitude

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
 

Documentación:

  • Solicitude
  • A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 10 de xaneiro de 2020
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 14 de maio de 2020.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 15 de maio de 2020.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020.

Máis información:

Departamento de servizos sociais. Cita previa 981 68 60 68 Attachments:
BALNEARIOS PARTICIPANTES 2020 E PREZOS

SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS 2019

BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E A ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES NO ANO 2019
Mediante Resolución da Alcaldía, 961/2019, de 14 de novembro, aprobaronse as bases e a convocatoria de subvencións municipais a deportistas e as entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2019, que transcriben os efectos de xeral coñecemento e os de inicio de prazo de solicitude.   >> BASES : BOP 220 DE 19/11/2019 https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/11/19/2019_0000009233.pdf   Solicitudes e documentos: - SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN (pdf) - XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN (pdf) - SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN (pdf)

CAMPAÑA DE INVERNO CABEZA DE MANZANEDA 2020

Proposta da resolucion provisional das axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar do curso 2019/2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizós Sociais emíte informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.   VER OU DESCARGAR INFORME DE PROPOSTA -> informe de poposta.pdf     Publicouse no BOP a convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar do curso 2019/2020. É preciso resaltar que o prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, a partir de mañá. Dito prazo terá carácter improrrogable. Convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escola do curso 2019/2020 >>> Ver publicación

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE CERCEDA, TORDOIA E TRAZO 2019/2020

Aberto o prazo para participar  

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk