Noticias

Queres xogar ou aprender o paddle? Coñece as instalacións municipais durante este mes de agosto

Se tes entre 7 e 15 anos de idade, e che apetece aprender ou, se xa sabes, xogar ao paddle... tes unha boa oportunidade, durante este mes de agosto, de coñecer estas instalacións municipais. Fai a túa reserva chamando ou enviando un whastapp ao seguinte teléfono 604026139. Anímate...e non perdas esta boa oportunidade!

Sorteo Público das prazas dos Campamentos deportivos de verán 2018 da Deputación da Coruña

O sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda, pola Deputación da Coruña, da Campaña de Campamentos deportivos 2018, realizarase o martes 19 de xuño, ás 12:30h, no Salón de Plenos da Casa consistorial.

Campamentos urbanos de verán 2018: aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación dos Campamentos de verán 2018. Xa podes consultar a información e facer a túa inscrición nas Oficinas xerais. Nas diferentes quendas mesturaranse actividades lúdicas propias de campamentos adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural que acheguen aos nenos e nenas ao pobo de Cerceda, á natureza, á cociña … Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que os nenos e nenas disfruten do seu tempo de ocio mediante novas experiencias.
  • Dirixido a nenos/as nados/as do 2.000 ao 2014.
  • Datas das quendas:
  • QUENDA 1 :   25 de xuño ao 6 de xullo QUENDA 2: 9 de xullo ao 20 de xullo QUENDA 3: 23 de xullo ao 6 de agosto

Imos esquiar a Cabeza de Manzaneda?

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe: * Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)
* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo. * Material deportivo
* Forfait do día
* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso) PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas) APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro. INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Merendas e Contos este venres 22 de febreiro na Biblioteca da Silva

Anota a cita que este venres, 22 de febreiro ás 17h30, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA/ MERENDAS E CONTOS 
  • VENRES, 22 DE FEBREIRO ÁS 17H30
  • INSCRICIÓNS NO TELÉFONO 981685001 OU NAS OFICINAS XERAIS

Os Bolechas terrícolas visitan Cerceda este domingo 10 de febreiro dentro do programa FalaRedes

Os Bolechas están a mirar o ceo, que está cheo de estrelas, e pregúntanse se haberá extraterrestres noutras galaxias… Pronto descubrirán que os hai e que están moito máis preto do que cren: ao seu carón! Un extraterrestre chega á Terra disposto a invadila, xa que os terrícolas non a coidamos nin gozamos dela como deberiamos: contaminámola, pelexamos… Así que os Bolechas, coa axuda do público, deberán demostrarlle ao extraterrestre que somos quen de coidar o noso planeta e vivir en harmonía sen axuda “exterior”. Conseguirémolo?... Pois ímolo comprobar en Cerceda,  este domingo, 10 de febreiro ás 17h30, no Auditorio municipal.   DESPEGAMOS   Unha actividade de Dinamización Lingüística do Programa FalaRedes, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Programación de visitas aos Museos de Cerceda

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación de visitas s nosos museos. Aquí tes toda a información desta proposta cultural. En Cerceda posuímos catro museos. Cada un deles con unha temática relacionada con Cerceda, onde se poden aprender curiosidades do municipio e outras de carácter xeral. As visitas son guiadas e de balde. Se estás interesada ou interesado en pasar unha xornada de divertimento e aprendizaxe, podes poñerte en contacto: -682 34 85 56 ou 981 68 50 01

Arrancamos as Merendas e Contos 2019 este venres na Biblioteca de Cerceda

Arrancas as Merendas e contos na Biblioteca de Cerceda co espectáculo Familias diversas de Trinke Trinke, este venres 18 de xaneiro. Así que... non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • VENRES, 18 DE XANEIRO ÁS 17H30
  • Inscricións: nas oficinas xerais ou no teléfono 981685001

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk