O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce. Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.
O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h
O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos.
Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de CercedaCoa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
O domingo 3 de decembro toca Cine no Auditorio municipal de Cerceda coa proxección do filme O Apóstolo. Non quedes sin a túa butaca!!! Ás 17:30 horasCoa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é unespectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público. Pero…quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala Manolito Listón, o alcalde, porque él di que unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero… Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.
Domingo, 26 de novembro –REDRUM TEATRO- A NENA QUE QUERÍA NAVEGARÁs 18:00hAuditorio municipal de CercedaA nena que quería navegar es un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 a 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco tempo acapara as portadas de todos os periódicos, o acoso escolar. En él contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empurróns e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura encontrará a Xeadeiro, unha personaxe máxica e vital, mostrándolle que dentro de cada uno de nós escóndese un ser único e especial.Infantil, entre 6 y 12 años | Teatro musical | 50 minutosCoa colaboración da Deputación da Coruña
Domingo, 05 de novembro – MALASOMBRA--- OS ROCKEINSTEINÁs 18:00hAuditorio municipal de CercedaO doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un apaixoado da música consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock.Un espectáculo de humor no que non faltará a boa música destas futuras estrelas do rock!!
Para todos os públicos. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Este venres, 27 de outubro ás 17:30, na Biblioteca municipal de Cerceda toca unha nova sesión de Merendas e Contos. Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo "A cabeza do dragón". Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 27 DE OUTUBRO// ÁS 17:30H
Espectáculo: A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo. A partir de 4 anos
Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017.
Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo!Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias… Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia. Público: Familiar (recom.+5 anos) Duración: 60 min.
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente):
Curso básico de lingua galega
Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro
Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)
Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)
Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes
Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.
Público: Nenos de 4 a 10 anos.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -
VENRES, 29 DE SETEMBRO
ÁS 17:15H
Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.