" PROGRAMA CUIDADANAS"

Talleres para persoas que son ou foron coidadoras de persoas dependentes.

Desde o departamento de Benestar Social do Concello de Cerceda, en colaboración con Fundación Mujeres, no Marco do Programa Cuidadanas, organizase unha serie de talleres co fin de mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras. Mediante as actividades grupais nas que participan, refórzanse as relación sociais a través da interacción con mulleres que están ou estiveron na mesma situación.

A formación en materia de autocoidado, xestión emocional, habilidades de comunicación, autoestima, pretende que as mulleres poidan exercer os labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.

A charla – difusión destes talleres, realizarase o martes 17 de setembro, ás 17.00hs, na biblioteca municipal de Cerceda.

A formación comezaría o martes 1 de outubro as 10:30h na Biblioteca Municipal. As prazas son limitadas.

En calquera caso, para apuntarse só hai que chamar ao teléfono de Servizos Sociais, 981 68 60 68. A data límite para as inscricións é o 25 de setembro.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk