O venres 11 de maio reuniouse a Comisión de Baremación, de Coordinación e de Seguimento da escola infantil, para valorar e baremar as solicitudes de praza para o curso 2018-2019.

A listaxe provisional de alumnado admitido, excluído e en lista de agarda é a seguinte:

 

Neste obradoiro vaise estudar o desenvolvemento da accións de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios. Polo lo que e de interese que participen os diferentes colectivos que forman o concello. Esta xornada está aberta a toda a poboación.

  • Xoves 3 de maio, ás 18:30 horas no primeiro andar da Biblioteca Municipal de Cerceda

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
  • Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

 

Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018.

Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social.

Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade.

As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é:

- ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño.

- ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro.

Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano.

Attachments:
FileFile size
Download this file (programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf)programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf381 kB

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
  • POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
  • INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001

 

Páxina 20 de 26