Informamos que este mes vaise retomar a recollida de voluminosos porta a porta.


A recollida farase o último venres de cada mes, previa comunicación ao condutor do camión da recollida do lixo ou solicitala chamando ao seguinte número de teléfono: 609.44.27.88


Unha vez feita a comunicación, os residuos depositaranse nas inmediacións dos colectores do lixo, nos días e horas indicados polo persoal encargado da súa recollida.

voluminosos

300420

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais

 

1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)


Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.


2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS

 

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas amoreados por motivos fitosanitarios en explotacións agrícolas profesionais, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.

 

 

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

prestacion-hijo-menor-3-anos-GAL

 

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
  • Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
  • Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

Requisitos

  • Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Contía da axuda

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Documentación

  1. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
  2. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
  3. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do convenio regulador.
  4. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
  5. Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.


Prazo de presentación:

35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 9 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)

Na Piscina Climatizada de Cerceda acometeuse unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, financiada pola Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia  competitiva para o ano 2019 (DOG núm. 93 do 16/05/2019).

BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E A ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES NO ANO 2019


Mediante Resolución da Alcaldía, 961/2019, de 14 de novembro, aprobaronse as bases e a convocatoria de subvencións municipais a deportistas e as entidades culturais ou deportivas para realizar actividades no ano 2019, que transcriben os efectos de xeral coñecemento e os de inicio de prazo de solicitude.

 

>> BASES : BOP 220 DE 19/11/2019

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/11/19/2019_0000009233.pdf

 

Solicitudes e documentos:

- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN (pdf)

- XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN (pdf)

- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN (pdf)

Páxina 15 de 26