
Resolución das axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2018-2019.
O prazo de xustificación é do 3 o 14 de decembro.
Deberán presentar no rexistro xeral do Concello:
- Anexo III.
- Certificado de asistencia regular dende comezo do curso ata o día 1 de decembro, expedido polo centro de estudos se atope matriculado o alumno ou alumna.

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.
INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
- Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
- Horario: das 17 ás 18h30
- Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
- Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
- Datos para facer o ingreso bancario
- Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
- Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
- Importe: 9 euros
O Concello de Cerceda executou con cargo a convocatoria de AXUDAS A PROXECTOS RENOVABLES DO Instututo Enerxético de Galicia a coloración dunha caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís, adicada a Centro Social
RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL.
RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”
RESULTADOS PROVISIONAIS DO PROCEMENTO SELECTIVO DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”.

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio.
“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.
Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Dende o día 3 ó 22 de outubro estará aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto, material escolar e vestiario básico.
O prazo de xustificación será do 12 ó 23 de novembro.
Bases das axudas de material escolar e vestiario básico curso 2018-2019

O obradoiro de emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo.
Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as.

Se tes entre 7 e 15 anos de idade, e che apetece aprender ou, se xa sabes, xogar ao paddle... tes unha boa oportunidade, durante este mes de agosto, de coñecer estas instalacións municipais. Fai a túa reserva chamando ou enviando un whastapp ao seguinte teléfono 604026139. Anímate...e non perdas esta boa oportunidade!