Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018.

Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social.

Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade.

As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é:

- ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño.

- ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro.

Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano.

Attachments:
FileFile size
Download this file (programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf)programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf381 kB

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.

  • MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
  • POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
  • INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001

 

ACTA DO TRIBUNAL PARA A PROVISIÓN DA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INTERINO/A.

Sendo as 9 horas do día 22/3/2018, reúnese o Tribunal para a provisión da praza de administrativo/a interino/a, co fin de rematar a evaluación do segundo exercicio, que se iniciou no día de onte una vez finalizada a realización dunha proba práctica.


Unha vez rematada a corrección resultan os seguintes resultados:

Nº OPOSITOR

NOTA 2

44

 7.75

43

 4.75

42

 3.25

41

 4.50

40

 2.50

4

 7.75

45

 5.75

29

 3.50

30

 7.50 

3

 2.50

 

PRIMEIRO-Publicar os resultados da segunda proba.


SEGUNDO.-Establecer, según o estipulado nas bases, un prazo de alegacións ata o 28/3/2018, incluido. Estas deberán ser enviadas, única e exlusivamente, ó correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

SEGUNDO.-As alegacións de habelasresolveranse o día 2/4/2018.


TERCEIRO.-Unha vez resoltas, publicarase a relación definitiva xunto ca puntuación total obtida por cada opositor/a.


CUARTO.-Proporaseo opositor/a que maior puntuación obteña para o seunomeamento.


O resto de opositores/as desa relación, por orde de puntuaciónsobtidas, proporanse para que a Alcaldía-Presidencia, proceda a creación  dunha bolsa de emprego de administrativo/a interino/a para o caso de substitucións.


Remátase esta sesión sendo as once horas do día da data, da que se extende a presente acta.

Dende hoxe, día 1 de febreiro e ata o 21 de marzo está aberto o prazo de solicitude da prestación económica de pago único por fillas e fillos menores de tres anos.

Poden beneficiarse destas axudas aquelas persoas con fillas e fillos menores de tres anos a 1 de xaneiro de 2018, é dicir, as nacidas e nacidos entre o 02/01/2015 e o 01/01/2018. E con fillos e fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2016 e 31/12/2017.

Para poder beneficiarse desta prestación económica, os membors da unidade familiar non deben ter feita a declaración da renda do exercicio 2016, sexa de forma obrigatoria ou voluntaria.

Contía da axuda:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros

Normativa: Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018)

Máis información nos Servizos Sociais do concello.

Teléfono: 981 68 60 68.

Attachments:
FileFile size
Download this file (solicitude prestacion menores 3 anos.pdf)solicitude prestacion menores 3 anos.pdf948 kB

Páxina 19 de 25