A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico.

No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990

Facebook Aula CeMIT Cerceda

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

O servizo Bos Días Cole, empezará a funcionar no CPI “ O Cruce”, desde o día 11 de setembro desde ás 8.00 de mañá, para os menores que o solicitaron .

Infórmase que no caso de precisar dito servizo ao longo do curso escolar, teñen que achegarse ao edificio do Concello e solicitalo por rexistro.

Para máis información, poden chamar ao 981 68 60 68, ou ben acudir ao Departamento de Benestar Social, sito no 3º andar do edificio municipal.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida.

No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar.

O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais.

O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas...

Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68

 

.

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.


No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Páxina 9 de 22