
Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello.
As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico
As suxerencias serán recollidas ata o próximo luns día 6 de febreiro.

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
- O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
- O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

Escapp é unha aplicación para dispositivos móbiles, elaborada pola Secretaría xeral da Igualdade que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopen nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións.
Está dispoñible tanto en galego como en castelán e permite acceder a información de apoio, directorio de servizos, a ónde acudir e consellos prácticos de como actuar ante situacións de violencia machista.
Máis información no seguinte enlace.

Entra en vigor o novo Regulamento da Escola Infantil Municipal de Cerceda "Os Pillabáns", que foi publicado o xoves 9 de xullo de 2015 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 128.
Podes consultar o Regulamento neste enlace.

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.
Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.
En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...
Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito:
Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as
- D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
- D. Antonio Lozano García
- Dna. María Viqueira Iglesias
- D. Jesús Rama Bello
- Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
- D. Francisco Javier Boquete Cambón
- Dna. Cristina Capelán Cancelo
Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as
- D. José Francisco Santos Regueiro
- D. Juan José Boquete Carnota
- Dna. Pilar Amor Mallo
- Dna. Gloria Bocija Louro
Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as
- Dna. Rocío da Igrexa Prego
- D. Alberte Sánchez Regueiro