Onte comezaron os traballos de ampliación das instalacións da Escola Infantil “Os Pillabáns”. Esta obra responde ao incremento constante de matriculacións e as previsións á alza de crecemento de poboación. Onte desprazáronse ata alí o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e os concelleiros Francisco Abuín, Cristina Capelán e Catrina Queijo.
Cabe destacar, como sinalou o alcalde, que Cerceda é un dos municipios que máis medrou o último ano segundo datos do Instituto Nacional de Estatística e que está rexistrando un bo número de nacementos cada ano (máis de 30 nos anos 2023 e 2024), sendo esta unha actuación prevista polo goberno local para o período 2023- 2027.
Para a culminación deste proxecto, que conta cun orzamento de arredor de 183.000 euros, empregarase un espazo vacante na marxe sureste do terreo no que se empraza o actual edificio, o cal permitirá executar unha nova aula que se conectará ao edificio existente a través do comedor.
En total, serán 70 metros cadrados aproximadamente os que se engadan á construción e os espazos quedarán totalmente reorganizados, para favorecer un óptimo desenvolvemento de actividades toda vez que se salvagarda a posibilidade de, no caso de aumentar o número de alumnas e alumnos, este espazo estea dotado de servizos para elo.
Melloraranse as condicións de illamento térmico do edificio, así como da humidade. Tamén se instalará unha nova rede de pluviais, que servirá para dotar dunha maior presión ao servizo, así como se contempla tamén a mellora da iluminación tanto interior como exterior.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, destacou que o Concello “aporta 103.000 euros, que se suman aos 80.000 obtidos a través dunha subvención da Xunta de Galicia”. Lembrou o bo número de nacementos no municipio nos últimos anos e indicou que, se ben se deben a diversos factores, “algúns motivos son, sen dúbida, o apoio que se presta ás actividades culturais e deportivas, ter un bo servizo de Bos Días Cole, ou as axudas que se dan para a compra de material escolar”.
O rexedor lembrou “todo o apoio que se presta aos colexios públicos de Cerceda, con actuacións que incluso superan as competencias municipais”. Para rematar, fixo fincapé “no investimento que fai o Concello para o mantemento da Escola Infantil, pois aporta 139.000 dos 206.000 euros que custa cada ano, máis do 67%”.
A Xunta volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia.
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia, quendas desde 15 xullo ata o 31 de decembro de 2025.
Dirixido a persoas maiores de 60 anos (ou pensionistas maiores de 55) e un ou dous acompañantes.
Prazo de inscrición: do 17 de xuño ao 16 de xullo de 2025.
Máis información: 981 68 60 68
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 2 de xuño de 2025 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.
O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia .../...
Con data 11/06/2025 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 110, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2025-2026.
O prazo de solicitude das axudas será dende o 12/06/2025, ata o 1/07/2025 (ambos os dous incluídos)
Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:
a) Libros de texto
b) Material escolar, inclúese neste apartado a adquisición de pendrives, sempre que sexa material solicitado polo centro educativo.
c) Vestiario básico
Non é obxecto de financiamento desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares, así como, os gastos derivados da adquisición de dispositivos e material informático (ordenadores, impresoras, tablets, ).
Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.
Listaxe definitivo do alumnado admitido e listaxe agarda da escola infantil municipal Os Pillabáns para o curso 2025/2026
En cumprimento do Plan galego de estatística 2022-2026 (Lei 16/2021, do 20 de decembro, DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021) este Instituto está a realizar a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares”. A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego. O motivo desta carta é informalos de que no deseño mostral da enquisa figuran vivendas pertencentes ao seu concello, as cales serán visitadas entre o 2 de xuño e o 22 de xuño (período de enquisación da enquisa nese concello) por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico .../...
Bases reguladoras das axudas económicas de apoio á natalidade anualidade 2025
Con data 14 de maio de 2025 a Concelleira Delegada aprobou a listaxe proviosional da concesión de prazas da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns, asi como a listaxe de agarda, para o curso 2025/2026 .../...
>>> Ver ou descargar documento completo (pdf. 83k)


