O Concello de Cerceda fai un chamamento á Concentración no Día Internacional da Muller no Campo da Feira ás 12h.
#igualdade #moitoporconstruir
O Concello de Cerceda fai un chamamento á Concentración no Día Internacional da Muller no Campo da Feira ás 12h.
#igualdade #moitoporconstruir
O Concello de Cerceda vén de presentar a programación de visitas s nosos museos. Aquí tes toda a información desta proposta cultural.
En Cerceda posuímos catro museos. Cada un deles con unha temática relacionada con Cerceda, onde se poden aprender curiosidades do municipio e outras de carácter xeral.
As visitas son guiadas e de balde. Se estás interesada ou interesado en pasar unha xornada de divertimento e aprendizaxe, podes poñerte en contacto:
-682 34 85 56 ou 981 68 50 01
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ECOMUSEO MUSEO DA MINERÍA
AULA DA NATUREZA MUSEO DO MOUCHO
PROGRAMACIÓN VISITAS AULA DA NATUREZA E XARDÍN BOTÁNICO.
Levar a cabo unha combinación de paseo e visita. Consistirá en ir dende O Campo da Feira ata o paseo do Acevedo, unha vez alí unha visita guiada polo Xardín Botánico e pola Aula da Natureza, continuar o paseo o carón do río Cabancos, e volta para o punto de quedada en Cerceda.
-Todas as idades, pero ter en conta que vamos a camiñar.
-Hora de 11:00-14:00 horas.
-Data o 27 de abril.
-Grupo máximo de 25 persoas.
-Lembrar traer avituallamento para facer unha parada para a merenda, calzado e roupa cómoda.
-Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade.
PROGRAMACIÓN DE VISITAS ECOMUSEO
Ofertamos unha serie de visitas orientadas a mostrar os distintos recursos culturais e naturais do noso municipio.
Visitantes de 4 anos ata 12 anos.
-Horas de visita será de 10:00 á 12:00 horas.
-Datas o 9 de febreiro e 16 de marzo.
-Grupos de máximo 15, se quedan cubertas as prazas dunha data, apuntaríase na seguinte sen problema.
-Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa dar o nome e idade.
Visitantes de todas as idades.
-Horas de visita serán de 11:00-13:00 horas.
-Datas o 23 de febreiro e 6 de abril.
-Grupo de máximo 20 visitantes.
-Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade.
PROGRAMACIÓN VISITAS MUSEO DA MINERÍA
O Museo da Minería amósanos un anaco da nosa historia coa explotación mineira. É o museo máis recente do municipio.
-Todas as idades.
-Hora de 11:00-12:30 horas.
-Data o 30 de marzo.
-Grupo máximo de 30 persoas.
-Anotarse nos números de contacto ou dirección de correo, so se precisa nome e idade.
File | File size |
---|---|
Programacion visitas Museos_Cerceda.pdf | 105 kB |
Actas do tribunal nomeado na convocatoria de probas selectivas para a selección de oito peóns de limpeza viaria polo sistema de concurso-oposición do Concello de Cerceda.
Resultados da fase de oposición.
Dilixencia de correción de erro.
Resultados da fase de consurso.
Dilixencia de correción de erro en acta de puntuacións finais.
Decreto da Alcaldía-Presidencia sobre aprobación da lista definitiva de admitidos e tribunal do proceso selectivo para a provisión de oito peons de limpeza viaria.
O Concello de Cerceda a través da Orde de 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimentos na mellora das infraestructuras e equipamentos das escolas infantís 0-3 puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) levou a cabo dous investimentos na Escola Infantil “Os Pillabáns de Cerceda”. Por un lado, na adecuación e mellora das infraestructuras actuouse na parte exterior e na mellora da eficiencia enerxética. E no que se refire o equipamento dotouse a escola de mobiliario novo e xogos exteriores renovados.
A Consellería de Política Social, a través do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional financiou o proxecto con 31.315,90 euros.
A Obra Social Amplifón pon en marcha unhas axudas, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello, para a adquisición de audífonos, estudo auditivo, asesoramento e xestión de axudas, adaptacións infantís... para aquelas persoas que presenten problenas auditivos e presenten dificultades económicas para mercar os audífonos.
A misión da Obra Social é contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con menor sensibilidade auditiva, para que volvan a ser plenamente activas e recuperen unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita disfrutar en todas as situacións de cotío.
A Fundación, a través da Obra Social, pon a disposición dos colectivos máis desfavorecidos os seguintes servizos:
Poderán beneficiarse destas axudas aquelas persoas que presenten problemas auditivos e que a súa renda per cápita sexa inferior a 700€.
A persoa usuaria deberá acudir o departamento de servizos sociais para que lle fagan a valoración e a derivación, e logo acudir a un centro Amplifón (en Coruña, na rúa Francisco Mariño, 14) con cita previa.
Máis información no departamento de Servizos Sociais do concello ou no teléfono 981 68 60 68.
Resolución das axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2018-2019.
O prazo de xustificación é do 3 o 14 de decembro.
Deberán presentar no rexistro xeral do Concello:
- Anexo III.
- Certificado de asistencia regular dende comezo do curso ata o día 1 de decembro, expedido polo centro de estudos se atope matriculado o alumno ou alumna.
File | File size |
---|---|
LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.pdf | 71 kB |
XUSTIFICACION-AXUDAS DE TRANSPORTE 2018-2019.pdf | 109 kB |
Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.
INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
File | File size |
---|---|
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO coas mans na masa.pdf | 158 kB |
O Concello de Cerceda executou con cargo a convocatoria de AXUDAS A PROXECTOS RENOVABLES DO Instututo Enerxético de Galicia a coloración dunha caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís, adicada a Centro Social
File | File size |
---|---|
Caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís | 371 kB |
Páxina 19 de 27
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed