Cerceda, 7 de xuño de 2022 – O Concello de Cerceda participa na XVIII edición do programa educativo “Clases sen fume” organizado pola consellería de Sanidade e na que toman parte case 2.000 escolares de trinta centros educativos de toda Galicia. A edila de Benestar Social e Igualdade, Catrina Queijo, participou na entrega dos premios xunto ao conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña; a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; a Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judit Fernández ; e unha representante da empresa Monbus.

Trátase dunha campaña escolar, na que participaron 34 aulas galegas, que ten por obxectivo a prevención do tabaquismo e está dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, é dicir, de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. A lo longo de seis meses, os alumnos e alumnas e o seu titor traballaron nas distintas actividades para coñecer os beneficios que conleva non iniciarse no consumo do tabaco. O programa tenta evitar o consumo do tabaco na adolescencia e coñecer os riscos para a saúde así como reforzar accións preventivas para manterse como non fumadores.

O Concello de Cerceda colabora no patrocinio deste evento dende a súa creación, no ano 2005. Entre os premios destaca unha xornada no Aquapark de Cerceda para os accésits.

Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia. Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.

Cita previa. Horario 09:00-20:00 horas.

622 748 283

623 546 992

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ver ou descargar tríptico pdf

Dende o Plan galego de estatística 2022-2026 vai realizar a “Enquisa estrutural a fogares”. O noso concello serán realizadas do 30 de maio ao 12 de xuño, e o persoal enquisador debidademente acreditado cubrirá a o cuestionario estatístico.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estatística onde se lles informa do obxectivo da enquisa.

A información serra estritamente confidencial.

Información gratuíto 900 102 104 en horario de 9:00 á 14:00 horas.

O alcalde visita o inicio das obras en Xesteda

Cerceda, 31 de maio de 2022 – O Concello de Cerceda comeza a reforma do interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural, nun proxecto que pretende dinamizar a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.

O obxectivo do goberno local e que o inmoble acolla actividades de todo tipo, e para todas as idades, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características.

Así, actuarase no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo, así como un espazo fóra que servirá como aparcadoiro. No que se refire o interior, adecuaranse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executarán todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocaranse elementos de illamento térmico nas fachadas. Realizarase unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

O alcalde, Juan Rodríguez, acudiu hoxe ao comezo dunhas obras “coas que queremos dinamizar a vida asociativa, cultural e lúdica no noso municipio”, apuntou.

O goberno local contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das escolas de Cerceda

 O goberno local contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das escolas de Cerceda, en prol dunha solución o máis vantaxosa posible para todas as persoas afectadas. As concelleiras Catrina Queijo e Cristina Capelán trasladáronlle as demandas da comunidade educativa o xefe territorial, Indalecio Cabana. Tras varias conversas entre o Concello e a Xunta de Galicia, definirase a área de influencia de maneira equitativa, quedando do seguinte xeito: o CPI O Cruce acollerá o alumnado que curse Educación Infantil e Primaria das parroquias de Cerceda, Meirama e as Encrobas. O CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, paralelamente, acollerá á rapazada de Educación Infantil e Primaria das parroquias de Rodís, Xesteda e Queixas. 

Disporase, con todo, dos mesmos servizos complementarios, comedor de transporte, aínda que de momento tan só lle afectaría ás novas matrículas. A edila responsable de Educación, Cristina Capelán,  comenta que “estamos agardando concrecións por parte da entidade autonómica para poder definir claramente a estratexia que seguiremos de cara un novo curso escolar”, comentou. 

O día 1 de xuño de 2022 ábrese o prazo para facer as comunicacións para a celebración de San Xoán; estas poderanse enviar por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando por teléfono ao Concello (881.04.67.76).

O prazo remata o día 21 de xuño, data na que se remitirá a listaxe a Consellería de Medio Rural.

No Concello, unicamente se recollen solicitudes para a noite de San Xoán o 23 de xuño, fóra desa data deberán solicitar permiso de queima chamando ao 012 (se non nos atopamos en período de máximo risco de incendio).

 

Ver ou descargar bando (pdf)

Ver ou descargar solicitude (pdf)

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.

No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).

Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:

1º- Alumnado con renovación de praza

2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil

3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro

4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.

 

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

O Concello de Cerceda participará no programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DO VERÁN DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2022.

Para participar neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os/as participantes poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades deportivas.

A quenda Concello de Cerceda é a 2ª (do 3 ao 8 de xullo).

 Nº de prazas: 5. (Prioridade os que nunca asistiron á campaña de verán).

 Poden participar: nenos/as empadroados/as no concello de Cerceda e nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013.

 Cota de inscrición: 85 €

 Prazo de inscrición: do 13 de abril ao 20 de maio.

 Máis información: 981 68 50 36 ou 981 68 50 01 (Ext.8)

 

Ver ou descargar tríptico e ficha de inscrición

 

190422 campamentos

 

 

Dende o 15 ao 30 de abril de 2022 está aberto o prazo de solicitude de praza nova na escola infantil "Os Pillabáns" para o curso 2022/2023.

A documentación precisa que se debe de adxuntar xunto co modelo de solicitude é a que se acompaña no anexo. Esta documentación debe ser presentada no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00horas a 14.00horas ou a través da Sede Electrónica.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (DOCUMENTACION NOVA PRAZA.pdf)DOCUMENTACION NOVA PRAZA.pdf96 kB
Download this file (SOLICITUDE NOVA PRAZA.doc)SOLICITUDE NOVA PRAZA.doc88 kB

Páxina 2 de 22