VIVEIRO INDUSTRIAL DE EMPRESAS DO CONCELLO DE CERCEDA

O concello de Cerceda ten aberto ata o 30 de xuño, o prazo para solicitar un espazo no viveiro industrial de empresas.

Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial, con menos de 6 meses de antigüidade, pódeste instalar no noso viveiro. Poñemos a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio.

Para mais información dirixirse a axente de desenvolvemento local do Concello de Cerceda.

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018.

Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación.

As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais

Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello.

As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

As suxerencias serán recollidas ata o próximo luns día 6 de febreiro.

 

 

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:

  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

Escapp é unha aplicación para dispositivos móbiles, elaborada pola Secretaría xeral da Igualdade que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopen nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións.

Está dispoñible tanto en galego como en castelán e permite acceder a información de apoio, directorio de servizos, a ónde acudir e consellos prácticos de como actuar ante situacións de violencia machista.

Máis información no seguinte enlace.

 

DESCARGA NA APP STORE

 

DESCARGA EN GOOGLE PLAY

Attachments:
URLFile size
Access this URL (http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aplicacion-escapp)aplicacion-escapp0 kB

Páxina 24 de 25