Dende o 26/08/2021, ata o 14/09/2021,  está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais ao alumnado para adquisición de material informático.

O obxecto das presentes bases é regular as normas polas que se rexerá a convocatoria extraordinaria que efectúa o Concello de Cerceda para a concesión de axudas económicas dirixidas as unidades familiares para a adquisición de equipamentos informáticos, coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semi presencial ou a distancia.

A axuda vai dirixida ao alumnado residente no concello de Cerceda e que estea matriculado nun centro de ensino e que curse: educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional de grao medio ou superior ou estudos universitarios.Esta convocatoria réxese pola Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda (BOP núm. 120, de 26 de xuño)

2. GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) ordenador de mesa e pantalla

b) ordenadores portátiles

c) gastos destinados a asegurar a conectividade mínima aos recursos dixitais: enrutador, amplificador de sinal, cámara web, altofalantes, auriculares e rato.

d) Impresoras, teclados ou pantallas.

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria os gastos derivados da compra de tabletas, libros electrónicos e/ou teléfonos intelixentes.

Para mais información poden contactar co Departamento de servizos sociais, no telf.: 981 68 60 68, ou ben consultar as bases reguladoras no seguinte enlace:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006421.pdf

 

Descargar solicitude

 

En Xunta de Goberno Local, celebrada o 28/7/2021, adoptouse entre outros, o acordo de aprobación das bases regu-ladoras da convocatoria de axudas extraordinarias municipais de emrexencia social COVID-19, que se publican para xeral coñecemento, e os efectos de inicio de cómputo de prazo de solicitude.

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS EXTRAORDINARIAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA SOCIAL COVID -19

Descargar solicitude

O obxecto desta convocatoria, é regular o desenvolvemento e establecemento dunhas axudas económicas extraordinarias, coa finalidade de contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19, nas unidades familiares .

O prazo de presentación estará aberto, dende o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, dende o 19 de agosto ata o 19 de novembro de 2021, ou ata esgotar o orzamento dispoñible.

Para mais información poden acudir a servizos a sociais, situado na terceiro andar do edificio municipal ou ben contactar no teléfono 981.68.60.68.

Para mais información pinchar no seguinte enlace:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/08/18/2021_0000006321.pdf

O Mércores día 11 de agosto, abre o prazo para anotarse nos talleres destinados a persoas que son ou foron coidadoras. Teñen como finalidade mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares.

Estes talleres están dentro do Servizo de apoio Integral a coidadoras no medio rural, que pertence o Proxecto Cuidadanas, de Fundación Mujeres.

Empezan o martes día 14 de setembro, no horario de 10.30 – 12.30. Serían 10 sesións en total a realizar os martes de cada semana. Son totalmente gratuítos.

Os contidos dos talleres son os seguintes:

  • Xestión emocional “ Emocionarte”.
  • Proxecto Vital Persoal “ Rumbo a miña vida”.
  • Corresponsabilidade “ Coidar e ser coidadas”.
  • Dixitalizadas “Manexando o móbil”
  • Prevención do acoso

O lugar de realización sería no Viveiro de Empresas do Polígono do Acevedo.

Para anotarse ou ter mais información poden chamar ao telf.: 981 68 60 68

O Prazo remata o día 3 de setembro de 2021.

cartel cerceda

 

Como todos sabedes, colocouse na rúa o colector marrón para a recollida selectiva de fracción orgánica.

Anótate no teléfono 881.86.41.22 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., para reservar o teu kit domiciliario.

Unha vez feita a túa reserva no teléfono indicado poderás pasar a recollelo no Campo da Feira de Cerceda o día 17.07.2021 a partir das 11:00 horas.

conten marron

 

axudanoscomarron

  solicit kit marron2

A partir do 2 de xuño retómase a atención presencial do Servizo de Apoio a Empresas e Persoas Autónomas dirixido a persoas que teñan un novo proxecto empresarial ou un negocio xa consolidado, facilitándolles a orientación e información necesaria para tramitar a documentación que precisen, e o que é máis importante, a colaboración na procura daquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos.

Neste servizo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informarte daqueles programas e recursos que se están a desenvolver co obxectivo de impulsar os nosos sectores produtivos.

  • Día: Mércores
  • Horario: de 9.00 a 13.30
  • Lugar: Viveiro de Empresas Municipal (Rúa Innovación, s/n, Polígono Industrial do Acevedo)
  • Contacto: 881 864 425

 

facebook

O parque acuático de Cerceda abre as súas instalacións para a tempada 2021 o 19 de xuño até o 5 de setembro.

As entradas poden obterse:

  1. En liña van poñerse a venda a partir do día 7 de xuño. As entradas levarán a data, NON admiten devolución e NON dan prioridade no acceso.

  2. Na taquilla do parque a partir das 11 mañá que abren a súa venta ao público.

Novidades:

  1. Unha nova atracción O Barco, esta nova atracción está pensada para os cativos e cativas, onde poderán xogar e refrescarse durante horas.

  2. Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark. Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.

O bus sairá da Coruña- Entrexardins pasará por diferentes paradas até o Aquapark de Cerceda, ás 11:30 e chega ás 12:30, e logo sairá de volta do Aquapark ás 20 horas e chegará A Coruña- Entrexardíns ás 21 horas.

Toda a información da liña, paradas, horarios, presos e a tarxeta Xente Nova está neste enlace e próximamente na páxina web do Aquapark

Normativa:

  • Uso de máscara obrigatorio en toda a instalación, agás no vaso de auga.

  • Mantener a distancia de seguridade entre as diferentes persoas usuarias das instalacións.

  • Alfombras desinfectantes no acceso ás instalacións.

  • Punto de desinfección con hidroxel no acceso e nos diferentes accesos ás instalacións do parque.

  • Desinfección de aseos e vestiarios cada dúas horas.

  • Persoal encargado da vixiancia do mantemento da seguridade de distanciamento na zoa de toallas/verde.

  • Marcas indicativas da distancia de seguridade no acceso ás atraccións.

 

Dentro da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se aproba o Plan marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, o Concello de Cerceda acometeu o proxecto CAMIÑO DA ESTRADA AC-523 A ESTRADA DO MESÓN DO VENTO E OUTRO.

            

Con data 2 de xuño de 2021 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso escolar 2021/2022.

Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión da praza, para confirmar a matricula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:

  • Confirmación da matrícula
  • Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais)
  • Certificado médico do/a menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas
  • DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola

Se despois de rematar este período non se formaliza o contrato perderan o dereito á praza concedida.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

 

 

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE-DEFINITIVA-DO-CURSO-2021-2022.doc)LISTAXE DEFINITIVA DO CURSO 2021-2022181 kB

INFORMACIÓN DO NOVO SERVIZO DE INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS DENTRO DA APLICACIÓN DE TOKAPP DO CONCELLO DE CERCEDA.

  1. Acceder a aplicación de TokApp do noso concello.

  2. Entrar no apartado de CHAT, e na parte inferior atoparás un botón ENVIAR AVISOS.

  3. Dependendo do que nos queiras facer chegar atoparás: INCIDENCIA ou SUXESTIÓN. Cando se refire as incidencias débese activar a xeolocalización co fin de que saibamos onde se atopa a incidencia.

Páxina 10 de 26