De acordo coas bases da convocatoria de axudas municipais para a escolarización para o curso 2022/2023, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 172 do 9 de setembro de 2022 e rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas de acordo coas anteditas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, elaborouse a proposta coa listaxe provisional coa relación das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 8 das bases da convocatoria, disporán dun prazo de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte da publicación desta
proposta provisional para presentar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten dita documentación no prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición e perderá o dereito a recibir, de ser o caso, a axuda solicitada.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.pdf)LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.pdf144 kB

Os próximos días 9 e 16 de novembro de 2022 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

  1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.

  2. A recollida farase tendo en conta a ruta e a capacidade dispoñible no camión.

  3. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.

  4. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)

Cerceda será escenario o vindeiro 22 de outubro dun recital único, protagonizado por Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Margarida Mariño. Celebrarase no lugar de Pontoxo ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. Trátase dun evento promovido polo Instituto para a Transición Xusta.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre tocarán nun poderoso directo no que tanto o autor como as 10 cantoras e percusionistas que o acompañan cativarán ao púlibco presente. Presentarán ‘As catedrais silenciadas’, o terceiro e más recente traballo que reflexiona sobre a despoboación, o abandono do rural e o perigo de perder a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega. 

Margarida Mariño presentou en 2020 o seu traballo en solitario Cello&Electronics, fusionando o violoncello clásico cos pedais de efectos, voces, loops e electrónica. O proxecto presentouse no WOS Festival e desde entonces percorreu cunha boa acollida escenarios como Prinsenktartier en Delft, Onder aan de Dijk en Rotterdam, o Teatro Colón na Coruña ou o Auditorio Conde Duque en Madrid. 

Os Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo presentaron o seu segundo obradoiro dual de emprego conxunto, que formará ás e ós participantes en materia agroforestal. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e o rexedor de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, acudiron ao acto inaugural celebrado no municipio tracense. 

Este é un proxecto mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e inscritas no servizo Público de Emprego de Galicia, que teñan unha idade superior aos 18 anos e está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. 

As especialidades que se impartirán serán: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, con 10 alumnas e alumnos; e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con outras dez alumnas e alumnos. En total, do Concello de Cerceda participarán 8 persoas. Terá unha duración dun ano. 

No termo municipal cercedense, actuarase na área recreativa de Queixas, no Paseo Fluvial do Acevedo, na área recreativa de Meirama, na de Encrobas, na da Silva e na de Xesteda, así como no circuíto Motopark.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, salientou que “esta é unha oportunidade para a formación onde converxen beneficios mútuos, tanto para o alumnado como para as Administracións participantes”, e recalcou que “se trata de un exemplo de colaboración institucional”, amosándose sempre “disposto e atento a cada petición que me chegue das alumnas e alumnos, por suposto”. 

Durante os meses de outubro e novembro, realizarase os martes e xoves de cada mes.
O horario será de 16 ás 19 horas.
As clases prácticas serán impartidas no Viveiro de Empresas (polígono do Acevedo).
Parte teórica e práctica domiciliaria.
𝐈𝐧𝐢𝐜𝐢𝐨 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨.
Incrición 981 68 60 68 Servizos Sociais.

O Concello de Cerceda porá en marcha nas vindeiras semanas os traballos de limpeza de cunetas na contorna da Baixa e as melloras de saneamento en Piñeiro, que contarán cun orzamento de máis de 35.000 euros e preténdese con estas facer un mellor tratamento das augas pluviais e ampliar a rede do servizo de saneamento neste núcleo de poboación. 

Respecto á primeira, a intención do goberno municipal é realizar unha mellora integral nas cunetas coa súa limpeza nas principais entradas da Baixa de Cerceda, tanto na estrada que parte do cemiterio da igrexa de Cerceda como a do Esperón, confluíndo na Ponte Cristina e na zona do Carballal. Proxéctase a habilitación das zonas máis afectadas mediante formigón para dar solución ao tema das augas pluviais nas zonas máis afectadas e que suporá, en todo caso, unha mellora estrutural na zona

En segundo termo, proxéctase ampliar a rede de saneamento en Piñeiro mediante 640 metros de tubaxes de PVC e 12 pozos de rexistro en calzada, previa escavación de zanxa e demolicións de pavimento. Reporase este en zahorra, formigón e aglomerado. 

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “buscamos adiantar a solución a un problema estacionario como son as augas de escorrentía, que poden provocar situacións indesexadas na rede de estradas municipal, que agardemos queden solucionadas con estas intervencións nos puntos de entrada á Baixa de Cerceda”.

O Concello de Cerceda beneficiouse da convocatoria de Axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2021-2022, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nesta convocatoria executouse o proxecto de Instalación fotovoltaica de autoconsumo de 17KW nominais no Centro Cívico de Cerceda

Cada unha das instalacións ten un custo elixible de 17.278,80 euros, é axuda o Inega, con fondos FEDER, ascendiu a 13.823,04 euros..../...

Ver ou descargar documento completo (pdf)

 

O Concello de Cerceda beneficiouse da convocatoria de Axudas a proxectos de enerxías renovables, para o ano 2021, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nesta convocatoria executaronse os proxectos de Instalación de estufa de pellets para calefacción no centro Social de Pontoxo e Instalación de estufa de pellets para calefacción na Escola Unitaria da Silva

Cada unha das instalacións ten un custo elixible de 2.008,66 euros, é axuda o Inega, con fondos FEDER, ascendiu a 1.606,93 euros..../...

 

Ver ou descargar documento competo (pdf)

Bases reguladoras do procedemento de selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio do “Obradoiro de emprego Trazo-Tordoia- Cerceda”.

 

A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, concedeulles aos concellos de Trazo, Tordoia e Cerceda un obradoiro dual de emprego.

Este Obradoiro, promovido polo Concello de Trazo xunto cos de Tordoia e Cerceda será un obradoiro dual que contará coas especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1. e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.

Atopándose nesta momento na fase de selección de persoal e alumnado- traballador.

Ver ou descargar bases (pdf)

O Concello de Cerceda creará unha senda peonil para conectar o núcleo urbano co centro médico para continuar mellorando as conexións e prestar mellores servizos á veciñanza. A Administración local sacou a licitación un paquete de intervencións por un valor de 109.319,12 euros con cargo ao Plan Complementario da Deputación da Coruña, entre as que se encontran as melloras nun camiño na zona dos eólicos ata o límite municipal, nas beirarrúas do Museo do Moucho e no acceso a Recegulfe, ademais da xa mencionada. O prazo de presentación de ofertas remata o 3 de outubro de 2022.

Dentro do compendio de obras que saca a contratación o Concello, sen dúbida a de maior calado é a que comunicará o núcleo de Cerceda co centro de saúde a través dunha senda peonil de 200 metros de lonxitude e 2 metros de ancho na marxe dereita. Contémplase tamén o retranqueo de 180 metros de pechamento de postes de formigón e arame.

Tamén se pretende mellorar unha vía municipal na zona dos eólicos, nun total de 1200 metros, cun asfaltado de 15 centímetros, así como a apertura de gabias, limpeza de salvagabias e a colocación dunha franxa de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal. 

Crearanse tamén beirarrúas na contorna do Museo do Moucho, un dos espazos culturais máis senlleiros do municipio. Executaranse en baldosa para dar un servizo do que carecía o municipio ata o momento.

O acceso ao lugar de Recegulfe executarase nunha lonxitude de 250 metros e 3,50 metros de ancho, cunha mellora da capa de rodaxe de 6 centímetros, reparando previamente os baches e perfilando as mordentes con grava. Mellorarase tamén o entronque coa apertura dun sobre ancho nunha superficie de 50 metros cadrados, que se pavimentará con 15 centímetros de grava. Pintaranse tamén as marcas viais.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, resaltou que “ca ampliación no acceso ao CPI O Cruce moi avanzada, agora buscamos mellorar a seguridade na estrada que vai ao centro médico de Cerceda, outra edificación pública de gran trascendencia para a vida das persoas. Este mandato vai supoñer para o pobo un avance moi grande en materia de accesibilidade”.

O Concello de Cerceda despediu a tempada de apertura do Aquapark 2022 rexistrando o terceiro mellor verán en dez anos no que afluencia de público se refire, con 140.000 visitantes. Os días de máis afluencia resultaron o 10 de xullo, con 5.100 persoas usuarias; e o 9 de agosto, con 5.775 visitantes.

“Os números terían sido mellores si as condicións meteorolóxicas fosen favorables durante a segunda quincena de agosto”, admiten desde o Concello, aínda destacando “o balance positivo tras unha tempada que comezou con moitas incertezas, sendo a primeira posterior á pandemia”. 

A instalación recuperou as visitas escolares, campamentos, viaxes organizadas desde os diferentes municipios da comunidade galega, e tamén as actividades deportivas propias da programación estival municipal, a través do Verán Saudable.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, agradeceu “a implicación das persoas responsables para que o Aquapark de Cerceda continúe a ser unha instalación referente na comarca”, e sinalou que “toca agora traballar para preparar a tempada 2023 e acoller a todas as persoas que así o desexen poidan desfrutar no noso Aquapark”.

Páxina 2 de 24