No Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe, saíu publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a participación no referido proceso selectivo.

Dispoñerase do prazo de cinco días hábiles, a contar desde o seguinte ó de publicación da presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para a presentación das reclamacións oportunas ou a emenda dos defectos existentes, nos términos do artigo 68 a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.”

Pode consultase no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/09/09/2020_0000006186.pdf ou no pdf adxunto a esta publicación.

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE PROVISIONAL.pdf)LISTAXE PROVISIONAL.pdf100 kB

Publicase o Bando de Exposición Pública dos Padróns Fiscais 2020. O prazo de exposición será dende o 17 de setembro de 2020, ata o día 20 de outubro, ambos incluídos.

Durante o prazo de exposición, pódense consultar na Deputación da Coruña, ou ben nas oficinas municipais, no Departamento de Intervención coa presentación do DNI da persoa contribuínte ou ben co recibo do imposto correspondente ao ano 2019.

Attachments:
FileFile size
Download this file (BANDO PADRONS FISCAIS 2020.pdf)BANDO PADRONS FISCAIS 2020.pdf266 kB

Recordámosvos que nos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva temos colocados os colectores de cor laranxa para que todos os veciños depositen o aceite de cociña usado que se emprega nas casas.

Debedes de enchelo nunha botella de plástico transparente, pechala correctamente e deposítala no colector laranxa.

aceite

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención.

Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal.

Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf)LISTAXE PROVISIONAL CURSO 2020-2021.pdf217 kB

Dende o Departamento de Benestar Social en coordinación con Fundación Mujeres, organízanse unha serie de talleres on line destinado a mulleres coidadoras. Os talleres divídense en 3 sesións on line.

É preciso inscribirse previamente antes do día 19 de xuño.

Para mais información poden chamar ao telf . 981 68 60 68.

 

Páxina 14 de 26