Contos e lendas

A Estadea, A Feira de Ordes, A Pantasma da Silva, A Pantasma do Monte, A Rapaza a Bailar, A Raposa Preñada, A Santa Compaña, etc.

A ESTADEA

Un home viña de romaría e encontrou a Estadea. Cando mirou para o ceo, víu que esta facía círculos de luces no ceo e na terra e quedando el no centro. Logo os círculos cesaron e a estadea marchou. Días máis tarde, o home morreu.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

A FEIRA DE ORDES

Un home dirixíase para a feira de Ordes, moi cedo, aínda era noite, e viu a capela da Silva aberta e dixo para si que lle daba gana de ir á misa. Entrou na capela e xa se dou conta de que aquilo non era normal, que aquelas persoas que estaban sentadas no banco e o cura non eran reais. Eran espíritos. Deu a volta e botouse a correr para marchar de alí e tan axiña como saíu para fóra, as portas cerráronse de golpe sen ninguén tocarlle.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

Pola miña aldea e tamén nas vilas veciñas, cóntase a historia dun home que pasou unha noite pola igrexa e viu que estaba aberta, que se estaba dando misa. Entrou e estivo alí durante toda a cerimonia e, cando se acabou a misa, desapareceron todas as persoas e as velas apagáronse. Cando volveu en si, estaba no camiño da súa casa. Non sabía como chegara alí nin como saíra da igrexa. A xente pensaba que as persoas con que ese home estivo na misa estaban mortas, incluíndo o cura.

Ao día seguinte, o home foi xunto ao párroco para contarlle o sucedido e este díxolle:

-Hoxe á noite vaite á misa á mesma hora que onte e antes de acabar a misa marcha da igrexa porque se van pechar as portas e unha vez encerrado non sei que che poderá pasar.
(I.M.)

A PANTASMA DA SILVA

Conta a xente da miña aldea (A Silva) que onde está actualmente o xardín da miña casa había antes un carreiro en que todas as noites aparecía o pantasma dunha nena sentada.
(I.M.)

A PANTASMA DO MONTE

Nun monte da aldea había unha pantasma que vendía cousas e sempre lle dicían os nenos que se a vían lle tiñan que dicir que as cousas que vendía eran moi bonitas porque se non, collía o trigo das leiras mediante un remuíño de vento.
(I.M.)

A RAPAZA A BAILAR

Cando a miña avoa era moza, nunha romaría que había en Rodís, chamouna un mozo para ir bailar, e as que estaban tocando a pandeireta saíron a cantar:

Vaina levando con xeito,
vaina levando con xeito,
que ela é unha rapaza nova,
non a rebentes do peito.
(M.L. / M.N. / D. R.)

A RAPOSA PREÑADA

Unha raposa e un raposo foron a un galiñeiro coller galiñas. A raposa non podía pasar para dentro do cerrado porque estaba preñada. Daquela o raposo ía pasándolle as galiñas e ela carrexábaas á beira do río. Despois o raposo pasou coas galiñas todas cara a outra parte do río. A raposa esquecéuselle que estaba preñada e quixo facer o mesmo. Saltou pero caeu no río e afogou.
(L.R. / M.G. / L.P.)

A SANTA COMPAÑA

Di a xente maior que de noite non saían sos polos camiños, porque disque vían unha luz máis unha caixa dun defunto. Iso significaba que a persoa á que se dirixía a luz ía morrer. Pero os maiores agora din que eran pensamentos pola miseria que pasaban, sobre todo fame.
(C. L. / A. L. / O. P.)

A SANTA COMPAÑA EN PAZOS

Conta a lenda que nun lavadoiro da aldea de Pazos (Rodís), á hora que a xente saída de misa (sendo aínda inverno xa que era noite cedo), que a xente da Santa Compaña se vestía cunhas túnicas negras, e lle poñí medo a esa mesma xente recordando aos seus familiares lavando na roupa. Se isto pasaba, as persoas dicían que o familiar ao que lle recordaban, axiña morrería.
(M.L. / M.N. / D. R.)

A SANTA COMPAÑA NA SILVA

Un veciño da nosa aldea ía de noite por un camiño cando se atopou coa Santa Compaña, que lle preguntou:

-Queres ir para o ceo ou para o inferno?

-Quero ir para o ceo, respondeu o home.

Dito isto, o home comezou a levarse como se tivese resortes nos pés e acabou caendo nunha silveira. Logo tiveron que ir os familiares buscalo.
(I.M.)

A SOMBRA

A sombra é un espírito que colle un meniño cando vai un enterro ou cando está no ventre da nai e esta vai a un. Recoñecese que o meniño colleu a sombra xa que non come, está pálido, non medra e sáenlle pelos vermellos na cabeza.

Hai varios xeitos de quitarlle a sombra a un rapaz: unha delas é lavar en auga con cinza, metelo tres veces rapidamente nun forno e envolvelo nunha saba branca, pasarlle un pouco de togo gateño polo lombo, que tres Marías recen unha Ave María e tres pai-nosos, arredor do neno ou, finalmente, tamén lla poden quitar pasándolle unha ovella por enriba.

Ao rematar estes ritos dise que o meniño cuspía unha especia de pelos de gato.

A SOMBRA

Dise que cando un neno come moi pouco e non medra ten a sombra. Hai moitas formas de coller a sombra; se unha muller embarazada vai a un enterro e lle da a sombra do ataúde colle a sombra do falecido, se un gato está preñado ou unha ave está encubando os ovos e un rapaz salta por encima dese animal colle a sombra da cría...

Para quitar a sombra tamén existen varios modos de facelo. Algúns deles son:

Dúas Marías teñen que levar o rapaz que teña a sombra a xunto de unha silva que estea prendida polas dúas esquinas, ou xunto de un pexegueiro. Hai que pasar o rapaz nove veces por debaixo da silva mentres as Marías din:

* María toma
* E ti que me das?
* Douche o ramo de San Blas
* Eu recíboo, sano e a salvo, con poder se Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e un Ave María.

Despois rezábanse estas oracións varias veces, e ao rematar quedaban xunto á silva ou o pexegueiro pelo ou plumas do animal que lle dese a sombra.

Outra das formas de sacala era queimando un toxo macho, e as cinzas mestúranse con auga e sal e nesa auga lávase o rapaz. Para lavalo, hai que comezar polos pés e rematar pola cabeza. Unha vez lavado coase a auga para outro caldeiro con un pano. No pano

Quedan pelos ou plumas do animal que che dese a sombra, e a auga do caldeiro hai que ila tirar a unha encrucillada pola que pasen tres camiños.
(L.R. / M. G. / L. P.)

Á VOLTA DA RUADA

Un tío de miña nai contoulle a miña avoa que vindo unha noite dunha ruada en bicicleta viu pasar unhas luces, a caixa dun morto e a xente enloitda chorando. El, cheo de medo, tirou a bicicleta a marchou correndo para casa. Ao día seguinte díxolle a seus pais que pensaba que unha veciña que estaba moi enferma ía morrer porque vira a Estadea. Resultou que ao día seguinte morreu un home totalmente san e non a velliña como el supuxera.
(I.M.)

LENDA DA BRAÑA DE RUS, CARBALLO

Cóntase que nesta braña as augas eran moi brancas e limpas. Un día achegouse alí un gato negro e bañouse. A partir de entón, as augas volvéronse negras e tiñan propiedades curativas. Por iso, a xente acudía alí a curar as súas feridas. Por este motivo chámase a esta braña 'Os Baños Negros'.

Tamén din polos arredores que se oen berros que ninguén sabe de onde veñen e que parece que proceden do fondo da Braña de Rus.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

LENDA DA PONTE LUZENDA

Hai anos, na parroquia de Xesteda, nun lugar chamado a ponte Lucenza, a xente vía unha luz. A luz só se vía ao lonxe, se te achegabas ao lugar non conseguías divisala.
Unha noite, un home da aldea voltaba á súa casa e viu ou máis ben pareceulle ver, unha galiña na beirarrúa. O home quedou asombrado, preguntouse que faría aquel animal alí, pero non lle deu maior importancia e continuou o seu camiño a casa. Pero isto ocorreulle varias veces, cando pasaba por aquela beirarrúa moitas veces vía a galiña. O peor de todo era que el sabía que esa galiña non existía, non estaba alí, pero sempre a vía.
Despois da historia deste home a xente déuselle por pensar que aquela luz á que chamaban "a estadea" tampouco existía, que só eran alucinacións, que a xente vía cousas coa fame a algúns mesmo dicían que era cousa do demo.
(J.C.L.)

LENDA DO COUTO DE RECADEIRA

Din que no Couto de Recadeira hai moito ouro metido nun caldeiro de cobre. Segundo uns, está no camiño que vai onde está o monumento megalítico, e segundo outros, debaixo da pena. Din que o deixaron alí os mouros.
(C.F.T.)

O CAMIÑO DO DIFUNDO

Sempre se pensou que cando morría unha persoa, era un mal presaxio pasar polo camiño que recorría o defunto porque nos cruces aparecía a Estadea, que son luces do máis alá e persoas enloitadas que facía que a xente estremecese co temor.

Cando se pasaba por un camiño por onde se levaban os defuntos e cheiraba a cera, pensábase que pronto morrería unha persoa. O mesmo significaba levar a caixa dun morto atravesada.
(I.M.)

O DEMO

Dicíase que o demo perseguía a unha muller da vila veciña. Un día, dous homes atoparon o maligno enriba dun carballo e, como xa sabían a historia da muller, berráronlle:

-Baixa, baixa de aí!

-Vouvos matar! respondía o demo

Grazas a que estes homes se encararon co demo, este deixou de perseguir a pobre muller.
(I.M.)

OS APARECIDOS

Son moi típicas as historias que contan que os mortos aparecen porque necesitan axuda pero o certo é que este é un rumor que contan como real. Unha rapaza vivía coa súa avoa ata que un día unha muller faleceu. Para o enterro, a rapaza encargoulle a un xastre dous traxes negros, un para ela e outro para a súa avoa.

Unha noite aparecéuselle o espírito da avoa e díxolle:

-Puxéchesme un traxe negro e aquí non o podo usar. Mañá quero que traias a fouce e que mo raches.
-Pero iso é imposible! É un disparate!, dixo a rapaza.
-Ti fai o que che pido, por favor.

Finalmente, a rapaza decidiu realizar a petición da súa avoa e desde que o fico non se lle volveu a aparecer.
(I.M.)

O RAPOSO E O GATO

O raposo era moi fanfarrón. Daquela sempre contaba moitas valentías pois el era moi valente. Un día díxolle ao gato:

-Ai,compadre! E vostede cantas mañas sabe?

E díxolle o gato:
Eu unha sola.
Pois eu seille cento e vinte e un saco cheo.

E nisto, veu por aí un can tras do raposo e do gato. O gato subiuse a unha árbore e quedou alí. Pero o can seguiu o raposo, ¡fun fun!, encima encima... e despois berráballe o gato desde a árbore:
Ai , ho , saca das do saco, que as vinte non che valen.
(C.F.T.)

O TÍO MONTES E OS ANTROIDEIROS

Os rapaces da aldea querían ir correr o Antroido e matinaron de pedirlle a burra ao Tío Montes. Pero, quen lla había de pedir? Botáronno a sortes con palla e tocoulle ao sobriño do Tío Montes.

O sobriño foi onda o tío e preguntoulle:
-'Tocoume a min de dicirlle que queriamos ir correr o Antroido e queriamos pedirlle a burra'.

Contestoulle o Tío Montes:
-'Pedida tédela. Levar, ou a levaredes ou non'.

O TÍO MONTES E O TÍO PRACIO

O can do tío Montes apareceu un día sen rabo; cortárallo o tío Pracio.
O tío Montes sabíao pero como eran amigos, como lle había reñer? Agardaba que llo contara o tío Pracio. Pero non llo contou, e un día que ían para a misa, díxolle o tío Montes:

-Sabes quen lle cortou o rabo ao can?

Díxolle o Tío Pracio:
-Non sabía nada. O que sei é que o que foi moito alcance non tiña

Ao final quedaron como amigos

O TONIÑO DE VILARES E SAN PEDRO

Un día chegou o san Pedro a casa do Toniño de Vilares dicindo que o quería levar para o ceo. Toniño díxolle:

-Home, non puideste avisar?

O san Pedro contestoulle:
-Pero xa te avisaron. Non che caeu o pelo?
-Si
-Non te caeron os dentes?
-Si
-Non te caeron as moas?
-Si
-Daquela, pois vente comigo.
(J.J.V. / C. P.)

REMEDIO CONTRA A SOMBRA

Queimábanse noves toxos e recollíase a borralla. Logo engadíase auga. Bañábase a persoa nesa auga, comezando polos pés, cara a arriba, nunca ao revés. Ao acabar de bañar a persoa, coábase a borralla por un trapo ou toalla e observábase o trapo.
Se aparecían pelos de vaca ou de gato, a sombra era dun deses animais. Se aparecían plumas era unha ave, e se aparecían pelos de persoas era dun defunto.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

O XANZÓN

Un home de Erboedo chamado Xanzón, unha noite que viña das mozas montado na súa besta, alá por un piñeiral arriba, atacárono os lobos. El, por defender á súa besta, pelexou cos lobos e, con tan boa sorte, meteulle a man pola boca e pilloulle o rabo. Vírono do revés e aló vai a historia do Xanzón.
(J.J.V. / C. P.)

O XIGANTE XERIÓN

Houbo un xigante chamado Xerión, poderoso e forte, que era moi malo. Un día veu un heroe chamado Hércules, que venceu a Xerión. Despois, a primeira muller que foi ata alí, ata esa poboación, puxéronlle de nome Coruña. Era o mesmo nome da poboación.

REMEDIO PARA CORTAR A SOLTA

Este mal afectáballes aos nenos e ás nenas que estaban en idade de andar e non o facía. Daquela dicíase que tiñan a solta atada.

Dicíase que unha muller podía coller a solta cando estaba embarazada e pasaba por debaixo dunha corda.

Para que un neno ou unha nena andase, había que cortarlle a solta. Para iso atábaselle os pés ou as mans cun cordel.

A nai levábao a un cruce de camiños e levaba unhas tesoiras no peto.
Tiña que agardar na encrucillada a que pasase unha persoa, fose home ou muller. Dábaselle as tesoiras e dicíaselle:

Persoíña que vés da fortuna:
córtame a solta a esta criatura.

A persoa debíalle cortar o cordel coas tesoiras

Outras persoas crían que un bo remedio para que un rapaz comezase a andar consistía en coller o neno da man cando as campás tocaban á misa das doce, e repetíase moitas veces:

As campás tocando
e o meu neniño andando.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

REMEDIO PARA SACAR O MAL DE OLLO

Antes íase a unha meiga que collía unha cunca con auga bendita e un coitelo. Mollaba o coitelo en auga bendita e comezaba a facerlles cruces pola cara dicindo:

Con este coitelo e esta auga bendita
esta envexa heina de bendicir;
e heina de cortar tanto de aí, que aquí, de aló,
coma de alí, de aquí e de alá.
Meigas e bruxas aparten de aquí!
Por onde viñeron, volverán saír.
E a (nome e apelidos da persoa)
me deixarán.
Con el poder de Dios

Mentres se dicía esta oración, facíanse cruces, primeiro por diante: na testa, no nariz, na boca, no peito e na cintura. Despois por detrás: na cabeza, nas dúas paletas, na cintura e no lombo varias veces.

Había que ir nove días seguidos xunto á meiga para que repetise esta oración.
(R.B. / J.C. / R. F. / R.G.)

REMEDIO PARA SACAR O MAL DE OLLO

Hai que ir ao cemiterio e pillar a terra que levantan as toupas e botar esa terra en auga. Despois hai que lavarse con ela.

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto