Refráns

Consellos, temporais e vida cotiá.

CONSELLOS

Aínda que a mona se vista de seda, mona é e mona se queda
(M.L. / M.N. / D.R.)

A mentira vai ata que a verdade non vén.
(C.F.T.)

Amor de lexos, amor de pendexos
(J.J.V. / C. P.)

A todo porco lle chega o seu san Martiño.
(L. R. / M.G./ L.P)

Cando a gaivota vai cara ao mar, colle os bois e ponte a arar

Cando o arco iris está no poñente, fala o gando e vente; cando o arco iris está no raiante, fala o gando e para adiante.
(L.V. / M.F. / D.P./ A.L.)

Coa muller e co diñeiro, non xogues compañeiro
(M.L. / M.N. / D.R.)

Dime con quen andas e eu che direi quen es.
(L.R. / M.G. / L.P)

É de ben nacido ser agradecido
(M.L. / M.N. / D.R.)

Fai ben e non mires con quen
(L. R. / M.G./ L.P)

Hai que gardar as risas para as choras
(L. R. / M.G./ L.P)

Leiras ciscadas, costelas eivadas
(J.J.V. / C. P.)

Maceiras na horta, rapaces na porta.

Máis importante que falar é saber escoitar
(C.F.T.)

Moito e ben non o fai ninguén.
(D.P.)

Nin xo que pare nin arre que corra.
(C.F.T.)

Non se engana o que non conta nin se baixa o que non monta
(C.F.T.)

O demo sabe máis por vello que por demo
(M.L. / M.N. / D.R.)

Ollos que non ven, corazón que non sente
(M.L. / M.N. / D.R.)

O martes, nin te cases nin te embarques
(M.L. / M.N. / D.R.), (L. R. / M.G./ L.P)

O que lonxe vai casar, trampa leva ou vai buscar.
(B.B.V.)

Ovella que berra, bocado que perde
(M.L. / M.N. / D.R.)

Queixo cego, pan oiado e o viño que remexa.
(L.R.O.)

Se a nai é folgazana, a filla será larchana.
(D.P.)

TEMPORAIS

A auga de maio tolle o millo e pan non dá.
(I.M.P.)

A auga en abril, enche o carro e mais o barril
(L.V. / M.F. / D.P./ A.L.) e (I.M.P.)

A chuvia de febreiro fai bo palleiro
(L.V. / M.F. / D.P./ A.L.)

A naide lle debe estrañar que en marzo comece a tronar
(J.J.V. / C. P.)

As patacas da Pascua, arden na ascua.
(M.L. / M.N. / D. R.)

As patacas plantadas en febreiro, van no cesto e veñen no sombreiro

Cada cousa no seu tempo e mallar no mes de agosto.
(L.R. / M. G. / L. P.)

En abril, augas mil
(J.J.V. / C. P.), (C. L. / A. L. / O. P.), (I.M.P.), (C.F.T.), (C.R.A.)

En abril, cear sen candil.
(C.R.A.)

En agosto, o sol marcha coma un lostro.

En maio, aínda a vella quenta o tallo
(J.J.V. / C. P.), (C. L. / A. L. / O. P.), (C.F.T.), (J.C.L.), (C.R.A.)

En maio aínda a vella queima o tallo e o pouco que lle quedou, en San Xoán o queimou.
(I.M.P.), (I.R. / M.G. / L.P.)

En maio, sementa co saio.
(J.J.V. / C. P.)

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil
(T.S.R.)

Entrou maio, sementa co saio.
(L.R.O.)

Nadal mollado, xaneiro xiado.
(D.P.)

Nin mazo sen flores, nin mozas sen amores

No mes de abril, enche o carro e o carril.
(J.C.L.)

Non saques o saio ata o corenta de maio
(C. L. / A. L. / O. P.)

O traballo faise hoxe, non se deixa para mañá. Para mañá déixase o pan.
(J.C.L.) e (L.R.O.)

Outono quente, trae o demo no ventre

O verán de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
(I.M.P.)

Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
(M.L. / M.N. / D. R.)

Pascuas molladas, anadas dobradas
(M.L. / M.N. / D. R.)

Por San Xoán a sardiña molla o pan
(L.R.O.)

Vaite febreiriño cos teus 28
que se tiveras outros cato,
non quedaba can nin gato,
nin ratiño no burato
nin cornas o carneiro
nin orellas o preguiceiro.
(M.L. / M.N. / D. R.) e (I.M.P.)

VIDA COTIÁ

Cando chove e quenta o sol anda o demo por Ferrol.
(C.R.A.)

Can ladrador, pouco mordedor
(I.M.P.)

Con pan e viño, xa se anda o camiño
(M.L. / M.N. / D. R.)

De tal pau tal estela
(C.F.T.)

Gaivotas na terra, mariñeiros á merda
(L.R.O.)

Home moi luneiro, pouca meda e pouco palleiro
(L.V. / M.F. / D.P./ A.L.)

O comer e o rañar, todo é empezar
(J.J.V. / C. P.)

O home e o oso, canto máis feos, máis fermosos
(J.J.V. / C. P.)

Os fillos da miña filla, meus netiños son, os fillos da miña nora, ou o serán ou non.
(I.M.P.)

Píntega no camiño bebe auga e deixa o viño
(M.L. / M.N. / D. R.)

Sol madrugador, pouco durador.
(I.M.P.)

Xente nova e leña verde todo é fume

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín