Información de interese

Nesta páxina, a Área de Medio Ambiente salienta algunhas informacións, restricións ou outros datos que poidan ser de interese para a cidadanía.

REPOBOACIÓNS FORESTAIS

Lei 3/2007, do 9 de abril, (DOG 17/04/2007)

  1. Prohíbense as repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais.
  2. Prohíbense as repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos, con independencia da súa cualificación urbanística

DISTANCIAS QUE SE DEBEN RESPECTAR DENDE A REPOBOACIÓN

  • Predios dedicados a labradíos, cultivos prados ou pastos 10 m
  • Vivendas, edificacións e instalacións se a repoboación é de eucaliptos, piñeiros ou acacias: 50 metros
  • Vivendas, edificacións e instalacións se a repoboación é de frondosas caducifolias: 10 metros e de 25 m para instalacións de actividades perigosas

PERMISOS DE QUEIMA

Solicitudes e permisos

Pódense tramitar no teléfono 902 112 000 ou nas oficinas da Consellería do Medio Rural (Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, delegacións provinciais, distritos forestais).

Clase de queima / Permiso
Restos agrícolas (a menos de 400 m do monte) / Comunicación
Restos forestais / Autorización
Controlada / Autorización

  • O prazo para facer a queima é de 7 días dende que se concede o permiso.
  • Recoller a autorización na oficina que che indiquen e levala sempre contigo.
  • No caso das comunicacións, anotar o número da notificación da queima.

Consellos para facer queimas

  1. Non facer as queimas se fai vento
  2. Realizar as queimas durante o día, rematalas 2 hora antes do solpor e interrompelas no caso de que se levante o vento.
  3. Facer unha devasa perimetral de polo menos 5 metros.
  4. Ter controlada a zona na que se vai queimar.
  5. Non facer nunca as queimas só.
  6. Vixiar que o lume queda ben apagado.
  7. Levar sempre o DNI, o teléfono móbil e o número de comunicación ou copia da autorización

DISTANCIA DE PLANTACIÓNS E DE BIOMASA

Resumo da lexislación de plantacións forestais e xestión da biomasa e distancia

BIOMASA VEXETAL

  • Xestión en Montes que linden con núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, parques, instalacións recreativas, obras, instalacións industriais: 100 metros

  • Xestión en Parcelas fora do monte que lindan co monte: 50 metros

PLANTACIÓNS FORESTAIS

Piñeiros, acacia, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, erica, piorno, fento, silva ou toxo. Vivendas ou instalacións preexistentes: 50 metros desde a estrema da propiedade (a partir dos 100 metros rareados 7 metros entre si

Para o resto de especies:

  • Vivendas ou instalacións preexistentes: 10 metros, distancia da póla máis próxima

  • Instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas 25 metros

Todas: As que linden con terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria: 10 metros

XESTIÓN DE BIOMASA E PLANTACIÓNS EN VÍAS E ESTRADAS (DENDE A LIÑA DE EXPLANACIÓN)

  1. EstatalAutonómicas: 10 metros
    1. Vía rápida autoestrada, autovía, corredor: 8 metros
    2. Outras estradas:3 metros
  2. Autonómicas: 10 metros
  3. Provinciais: 2 metros
  4. Locais (vías e camiños) 2 metros
  5. Vías e camiños forestas: 2 metros
  6. Rede ferroviaria: 8 metros

ESTABLÉCENSE AS PROHIBICIÓNS SEGUINTES

  1. Prohíbense as repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais.
  2. Prohíbense as repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados ou pastos, con independencia da súa cualificación urbanística
  3. ARTIGO 591 DO CÓDIGO CIVIL Non se poderá plantar árbores preto dunha herdade allea, senón á distancia autorizada polas ordenanzas ou a costume do lugar e na súa falta, á de dous metros da liña divisoria das herdades se a plantación faise de árbores altas, e á de cincuenta centímetros se a plantación é de arbustos ou árbores baixos