Igualdade

O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, así como a participación e a integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política do municipio.
Algunhas das medidas que cómpre salientarmos e que conforman algúns pasos importantes para facermos de Cerceda un municipio máis igualitario foron a creación dunha escola infantil municipal, coa que tamén contribuímos á conciliación da vida laboral, persoal e familiar, ou a elaboración do I Plan municipal de igualdade de oportunidades. Para avanzarmos aínda máis neste camiño e compartirmos un futuro en igualdade, agardamos converter nunha realidade moi pronto o II plan. Á par da súa elaboración e da aplicación das medidas que este recolla o Concello de Cerceda continuará desenvolvendo políticas que incorporen a perspectiva de xénero en todos aqueles ámbitos en que ten competencia. Desde a administración local, pola nosa proximidade á poboación, son moitas as iniciativas que podemos e queremos desenvolver para construírmos entre todos e todas un concello máis igualitario e contribuírmos tamén deste xeito á erradicación da violencia de xénero.
 

Violencia de xénero

A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida contra as mulleres polo feito de ser muller, non porque teñamos un modo de comportarnos que dea lugar a que isto ocorra.

Ler máis: Violencia de xénero

Non estás soa

Enderezos e teléfonos de interese

Páxinas de información, páxinas oficiais ou enderezos físicos

Ler máis: Enderezos e teléfonos de interese

non

Itinerario de coordinación interinstitucional

Con motivo da realización do I Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Cerceda 2005-2007, detectamos a necesidade de pór en marcha medidas de atención e de protección ás mulleres en situación de violencia de xénero, dende unha perspectiva integral, e potenciar a coordinación entre os diferentes axentes sociais que interveñen nesta materia Attachments:
AVALIACIÓN DO SEGUNDO PLAN DE IGUALDADE
II PLAN DE IGUALDADE

Ler máis: Itinerario de coordinación interinstitucional

Non estás soa

Dálle porta aos malos tratos

A violencia física non é a única forma de agresión á parella. Existen outras formas que son menos visíbeis e, por tanto, máis difíciles de detectar.

Ler máis: Dálle porta aos malos tratos

CIM da Mancomunidade de Ordes

O Centro de Información da Muller é un servizo de información xurídica, de atención psicolóxica, de información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade encamiñada a mellorar a calidade de vida das mulleres da Comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

Ler máis: CIM da Mancomunidade de Ordes

Contra a violencia de xénero

A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida contra as mulleres polo feito de ser muller, non porque teñamos un modo de comportarnos que dea lugar a que isto ocorra.

Ler máis: Contra a violencia de xénero

A lingua cambiámola entre tod@s

Guía de linguaxe non sexista do Concello de Cerceda

Co motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Cerceda presenta esta pequena guía de uso dunha linguaxe non sexista nos seus textos administrativos

Ler máis: Guía de linguaxe non sexista do Concello de Cerceda

Igualdade de oportunidades

O Concello de Cerceda é consciente de que a Administración local, pola súa proximidade á poboación, debe ter un maior grao de implicación no deseño e na aplicación de iniciativas que promovan a igualdade real de homes e mulleres.

Ler máis: Igualdade de oportunidades

Información e asesoramento

O Concello de Cerceda oferta o servizo de información as mulleres no noso concello por medio dos servizos sociais comunitarios de base.

Ler máis: Información e asesoramento

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín