Dálle porta aos malos tratos
Non estás soa

Non estás soa

PODEMOS AXUDARTE
Servizo de atención de urxencias
112

Garda Civil de Ordes
981 680 030, 981 680 062

Policía local de Cerceda
Avenida do Mesón 21. Cerceda
981 685 229 / 608 586 940

Servizos Sociais do Concello de Cerceda
Avenida do Mesón 21, Cerceda
981 685 001

Centro de Saúde de Cerceda
Rúa da Saúde s/n, Cerceda
981 868 168

Consultorio da Silva
Rúa da Coruña, s/n Cerceda
981 692 606

Centro de Información á Muller de Ordes
Rúa de Alfonso Senra, 108. Ordes
981 682 108

QUE É VIOLENCIA DE XÉNERO

Segundo a Lei orgánica 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, o concepto de violencia de xénero abrangue todo acto de violencia física e psicolóxica, en que se inclúen as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privatización arbitraria de liberdade; estes actos son os que se exercen sobre as mulleres por parte de quen sexa ou de quen fose o cónxuxe ou de quen estea ou estivese ligada a elas por relacións semellantes de afectividade, con ou sen convivencia.

QUE TIPOS DE VIOLENCIA EXISTEN?

A violencia física non é a única forma de agresión á parella. Existen outras formas que son menos visíbeis e, por tanto, máis difíciles de detectar. As máis cotiás son as seguintes:
  • violencia verbal
  • violencia sexual
  • violencia psicolóxica
  • violencia económica
  • violencia espiritual
  • violencia social
  • violencia física

COMO PODEMOS SABER SE ESTAMOS PERANTE UNHA RELACIÓN ABUSIVA OU SE SOMOS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO?

A continuación dámosche algunhas chaves que poden axudarte a saber se estás a vivir unha relación de violencia doméstica. Cantas máis respostas deas afirmativas, máis probabilidades tes de estar perante unha situación de malos tratos:
  • A túa parella perséguete todo o tempo?
  • Acúsate constantemente de séreslle infiel?
  • Oponse ás túas relacións coa familia ou coas amizades
  • Precisas pedirlle permiso para saír da casa?
  • Prohíbeche traballar ou asistir a algunha actividade?
  • Insulta, critica ou fálache de forma denigrante
  • Sentes que fagas o que fagas todo é culpa túa?
  • Controla as túas finanzas e obrígache a darlle conta de todo o que gastas?
  • Humíllate diante doutras persoas?
  • Destrúe as túas pertenzas?
  • Se te demoras, interrógate acerca de onde estiveches e con quen?
  • Sentes que tes que ter un tacto exquisito para evitares que se enfade?
  • Ás veces sentes que mereces un castigo?

AGORA DEBES SABER...

    • Que o maltratador non vai cambiar, cada vez será máis violento
    • Cando alguén te quere de verdade, nunca te maltratará nin a ti nin á túa familia. O verdadeiro amor baséase no respecto.
    • Que non sexa agresivo con outras persoas significa que o seu obxectivo é intimidarte e controlarte a ti.
    • Ti non es a culpable do que che está acontecendo. Só hai un culpable:o teu agresor.
    • Non hai ningún motivo que xustifique a violencia que exerce contra ti.Non o xustifiques.
    • Os malos tratos que recibes son un delito e, por tanto, podes denuncialos.
    • Quen te pega só o fai para dirixir a túa vida: controlarte, dominarte e someterte.
    • Aínda que sexa difícil comezar unha nova vida, é posíbel. Mereces vivir sen medo, sen controles e sen sometemento.
    • Pódese vivir sen violencia. Non todos os homes maltratan.
    • No teu concello existen profesionais dispostas e preparadas para atenderte e escoitarte. Non te van xulgar, só axudarte para que tomes as túas decisións e poidas así superar os teus medos.
    • Se te vas de casa, non estás incumprindo o deber de convivencia e, por tanto, non é abandono do fogar se por motivos de seguranza ou por outra causa xustificada tes que abandonar o teu domicilio, sempre que no prazo de 30 días realices calquera actuación legal para solicitar a separación.

ITINERARIO DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL EN VIOLENCIA DE XÉNERO

Ante calquera agresión por violencia de xénero, o Concello de Cerceda pon en marcha o Itinerario de coordinación interinstitucional en violencia de xénero, derivado do acordo interinstitucional para unha atención integral ás mulleres que viven unha situación e violencia, coa finalidade de lograr a máxima coordinación entre todos os sectores implicados na atención e no tratamento a persoas vítimas de violencia de xénero.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín