Desenvolvemento económico

O Concello de Cerceda, por medio do seu goberno local, pon á disposición de todas aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha un negocio, empresa ou actividade os medios e recursos precisos para iniciar estes novos proxectos.
É por isto que o Concello lles ofrece a todos os cidadáns e cidadás que teñan un proxecto xerador de emprego a orientación necesaria para tramitaren a documentación que precisen, e o que é mais importante, a colaboración na procura de aquelas axudas que permitan financiar os seus proxectos. Neste espazo poderás coñecer algunhas destas iniciativas e axudas e informáreste daqueles programas e recursos que estamos a desenvolver co obxectivo de impulsarmos os nosos sectores produtivos.

Innovación tecnolóxica

A aposta por I+D+i é un factor que determinará o futuro máis próximo. Todas aquelas empresas que actúen neste ámbito veranse recompensadas. Mais o desenvolvemento deste tipo de iniciativas tecnolóxicas pasa por unha xestión profesionalizada en emprazamentos determinados. Neste contexto nace o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Cerceda.

Ler máis: Innovación tecnolóxica

Obradoiro de emprego

Formación e emprego

O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades aplicar e coordinar as ferramentas e os recursos de que dispón ao tecido empresarial cercedense, con fin de colaborar no desenvolvemento económico e na creación de emprego dentro do seu territorio.

Ler máis: Formación e emprego

Obradoiro de emprego

Programa Inserta-T

Os Programas Experimentais para o Emprego van dirixidos a explorar novas alternativas de inserción laboral coas persoas demandantes de emprego inscritas no Servicio Público de Emprego, que se atopan con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Ler máis: Programa Inserta-T

Feira antiga en Cerceda

As nosas feiras

  • En Cerceda, a feira celébrase a véspera do segundo domingo de mes e a véspera do último domingo.
  • Na Silva ten lugar o primeiro sábado do mes e o terceiro domingo.

Ler máis: As nosas feiras

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín