Servizos sociais

Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cerceda realizan unha acción social globalizadora e polivalente para o conxunto da súa cidadanía, ao promoveren e posibilitaren o desenvolvemento do seu benestar social.
SERVIZOS SOCIAIS:

Casa do Concello, Avenida do Mesón, 21. 3ª planta, 15185 Cerceda

Contacto: 981 686 068 / servizossociais(a)cerceda.es

Subcategorías

  • Servizo de orientacion e información

    É un servizo de información e orientación sobre os recursos sociais e económicos aos que poden dereito aos veciños e veciñas de Cerceda co fin de atopar unha solución ás distintas problemáticas persoais, familiares e sociais.

    Conta de artigos:
    2
  • Servizos de atención persoal e familiar

    Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias que se atopen ante unha problemática, por diversas causas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.

    Conta de artigos:
    4
  • Servizos para a diversidade funcional, a dependencia e a accesibilidade

    Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.

    Conta de artigos:
    6
  • Unidade de Tramitación de Prestacións Sociais (UTP)

    Tramita e xestiona diferentes prestacións económicas e asistenciais, atendendo ás necesidades sociais que presenta cada persoa ou familia.

    Conta de artigos:
    0
  • Centros municipais de maiores

    É un servizo que ten como finalidade facilitarlle á xente maior un envellecemento activo e fomentar a calidade de vida na etapa de vellez previndo posibles situacións de desarraigo ou de exclusión social e promovendo ao máximo a autonomía persoal das persoas maiores.

    Conta de artigos:
    0
  • Escola Infantil Municipal Os Pillabáns de Cerceda

    O Concello de Cerceda dispón dunha escola infantil municipal para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Trátase dun equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas, así como realizar ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia, á vez que facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.

    Conta de artigos:
    0
  • Centro de dia residencial

    O centro de día residencial de Cerceda e un centro xerontolóxico da rede pública da Xunta de Galicia que conta con 41 prazas de centro de día e 21 de fogar residencial.

    Conta de artigos:
    0

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín