Deporte

Á marxe dos indubidables beneficios que lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, hoxe a práctica do deporte ten tamén unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración.
O Concello de Cerceda, co obxecto de fomentar o deporte entre a súa cidadanía e apoiar o deporte de base, destina unha parte importante do seu orzamento ao deseño dunha programación deportiva multidisciplinar e ao mantemento da súa rede de equipamentos deportivos. Esta, que conta na actualidade cunha serie de instalacións de gran calidade e cunha ampla dotación de servizos, seguirá ampliándose nun futuro próximo coa incorporación inmediata doutras novas, caso do complexo deportivo de pádel. Neste espazo, ademais de achegarche toda a información relativa a estas actividades, poderás coñecer algo máis sobre os nosos equipos e clubs deportivos, hoxe referentes para a xente máis nova do noso municipio e embaixadores do deporte que facemos en Cerceda.
Proba salto de altura

Os nosos equipos

O compromiso do Concello de Cerceda no fomento e no apoio ao deporte reflíctese tamén na existencia dun bo número de clubs e equipos de referencia a nivel nacional.

Ler máis: Os nosos equipos

Patinaxe artística

Programación deportiva

A oferta do programa de actividades deportivas do Concello de Cerceda é moi variada no que respecta ás modalidades que se poden practicar, mais tamén é flexible canto a horarios e espazos.

Ler máis: Programación deportiva

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín