Veciñanza

Os Nosos Museos

 
ECOMUSEO

O Ecomuseo de Cerceda, que foi inaugurado no ano 2002, trata de ser sinal de identidade e fiestra deste Concello, amosando a súa riqueza paisaxística, medioambiental, industrial, histórica e humana. Traballando na integración de todos aqueles elementos que poidan dar tanto a súa cidadanía como aos visitantes de Cerceda múltiples matices dunha diferenciada entidade propia. Dende as súas fermosas paisaxes ata as súas tradicións populares, pasando polas súas singulares instalacións enerxéticas, que influiron dun xeito definitivo tanto en Cerceda como na súa contorna inmediata, ou polo seu emblemático centro de ocio acuático, o Aquapark. HORARIOS: de luns a venres de 8.30 a 15. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 8,30 a 15,00 horas). Rúa Vila Deportiva Fernando González Laxe, 21-23
15185-Cerceda
639 40 20 34 / 981 68 50 01
\n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 43°11'22.8"N 8°28'45.5"W
https://goo.gl/maps/oRMBfYv32QT2    

MUSEO DO MOUCHO

Un museo único e peculiar , inaugurado o 28 de decembro do ano 1994, que homenaxea a unha ave tradicionalmente rexeitada polo que supoñía de mal agoiro. Consta dunha colección de máis de cinco mil pezas que inclúen esculturas e cadros de artistas galegos, libros, e mesmo artigos de ourivería, todo elo presidido por unha grande vidreira policromada, obra de Don Xosé Espona. O Museo conta ademáis con instalacións interactivas para ler, tocar e escoitar todo o relacionado cos mouchos. HORARIOS: de martes a sábado de 10 a 13 e de 16 a 19 horas.
Visitas colectivas: Cita previa, chamar ao 981 68 62 15 de martes a sábado de 10 a 13 horas. Edificio de Servizos Múltiples.
Avda de Galicia, 37
15185-Cerceda
981 68 62 15 / 981 68 50 01
\n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

XARDÍN BOTÁNICO E AULA DA NATUREZA
O xardín botánico constitúe un recanto natural para o paseo e descanso ou para a formación e a reflexión acerca dos espazos naturais, así como para a información sobre a biodiversidade local. Pois nel atopase unha colección das árbores máis representativas do país e unha lagoa, fogar de cisnes e patos salvaxes conectada cunha braña natural.   Para continuar a xornada formativa sobre o noso entorno natural contamos cun espazo pensado para as actividades de educación ambiental enclavado dentro do xardín botánico, a aula da natureza, formado por un conxunto de paneis, dioramas , ordenadores e figuras modeladas que recrean a biodiversidade da nosa campiña, ríos, encoros, montes… HORARIOS: de luns a venres de 8.30 a 15. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 8,30 a 15,00 horas). Parcela do Xardín Botánico. Polígono Industrial do Acevedo. Esquina Avda. do Traballo con Rúa da Innovación.
15185-Cerceda
639 40 20 34 / 981 68 50 01
\n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  
MUSEO DA MINERÍA
Inaugurado no ano 2015, quere amosar a gran pegada paisaxística e socioeconómica que supuxo a existencia da Mina de Meirama en Cerceda. Recolle unha pequena explicación tanto da orixe do carbón coma dos seus tipos, relatando posteriormente as repercusións sociais, económicas e laborais que supuxo a aparición de carbón no ano 1974, pasando pola explicación  dos traballos que durante máis de 30 anos se fixeron na Mina de Meirama e rematando coa grande, importante e imprescindible recuperación ambiental de todo o territorio afectado pola actividade mineira. HORARIOS: de luns a venres de 8.30 a 15. Tardes de luns a venres e mañáns dos sábados: Cita previa (Chamar de luns a venres 8,30 a 15,00 horas). Picota, 14. Meirama
15188-Cerceda
639 40 20 34 / 981 68 50 01
\n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 43°12'53.9"N 8°27'01.5"W https://goo.gl/maps/TEFJKcVeV6q  

Subcategorías

  • Servizos sociais

    Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cerceda realizan unha acción social globalizadora e polivalente para o conxunto da súa cidadanía, ao promoveren e posibilitaren o desenvolvemento do seu benestar social.

    Conta de artigos:
    12
    • Servizo de orientacion e información

      É un servizo de información e orientación sobre os recursos sociais e económicos aos que poden dereito aos veciños e veciñas de Cerceda co fin de atopar unha solución ás distintas problemáticas persoais, familiares e sociais.

      Conta de artigos:
      2
    • Servizos de atención persoal e familiar

      Prestan un apoio integral e personalizado a todas as persoas ou familias que se atopen ante unha problemática, por diversas causas: por carencias económicas e sociais, por conflitos relacionais, por ausencias, desemprego, desarraigo, toxicomanías, etc.

      Conta de artigos:
      4
    • Servizos para a diversidade funcional, a dependencia e a accesibilidade

      Trátase dun servizo de recursos ou prestacións sociais que teñen como fin ofrecer o apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal e social dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais e habilidades evitando o desarraigo familia, da veciñanza, e da contorna.

      Conta de artigos:
      6
    • Unidade de Tramitación de Prestacións Sociais (UTP)

      Tramita e xestiona diferentes prestacións económicas e asistenciais, atendendo ás necesidades sociais que presenta cada persoa ou familia.

      Conta de artigos:
      0
    • Centros municipais de maiores

      É un servizo que ten como finalidade facilitarlle á xente maior un envellecemento activo e fomentar a calidade de vida na etapa de vellez previndo posibles situacións de desarraigo ou de exclusión social e promovendo ao máximo a autonomía persoal das persoas maiores.

      Conta de artigos:
      0
    • Escola Infantil Municipal Os Pillabáns de Cerceda

      O Concello de Cerceda dispón dunha escola infantil municipal para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Trátase dun equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas, así como realizar ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia, á vez que facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.

      Conta de artigos:
      0
    • Centro de dia residencial

      O centro de día residencial de Cerceda e un centro xerontolóxico da rede pública da Xunta de Galicia que conta con 41 prazas de centro de día e 21 de fogar residencial.

      Conta de artigos:
      0
  • Igualdade

    O Concello de Cerceda ten entre as súas prioridades promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, así como a participación e a integración das mulleres na vida social, cultural, económica e política do municipio.

    Conta de artigos:
    14
  • Cultura

    No deseño da programación cultural anual do Concello de Cerceda incídese de maneira moi especial na dinamización sociocultural dos diferentes colectivos e grupos.

    Conta de artigos:
    3
  • Deporte

    Á marxe dos indubidables beneficios que lle reporta á nosa saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico, hoxe a práctica do deporte ten tamén unha relevante dimensión social e cultural, transmisora de valores e válida como instrumento de educación e de integración.

    Conta de artigos:
    4
  • Medio ambiente

    O Concello de Cerceda fai unha aposta cada vez máis forte pola conservación ambiental e a sustantibilidade. Esta aposta concrétase a día de hoxe en diversos servizos dos que dá conta a Área de Medio Ambiente e Sanidade.

    Conta de artigos:
    8
  • Sanidade

    En Cerceda, a limpeza de espazos públicos é xestionada polo propio Concello con traballadores municipais. Ademais de se dedicar ao mantemento das instalacións municipais e das zonas urbanas, o servizo de limpeza abrangue tamén as tarefas de mantemento das abondosas zonas verdes e naturais espalladas polas seis parroquias do municipio.

    Conta de artigos:
    0
  • Urbanismo e obras

    O Concello de Cerceda ten entre os seus obxectivos potenciar e consolidar o seu crecemento urbanístico para se converter nunha vila compacta, cunha diversificación social e funcional e un crecemento heteroxéneo onde o territorio sexa utilizado de forma racional e sustentable.

    Conta de artigos:
    2
  • Desenvolvemento económico

    O Concello de Cerceda, por medio do seu goberno local, pon á disposición de todas aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha un negocio, empresa ou actividade os medios e recursos precisos para iniciar estes novos proxectos.

    Conta de artigos:
    8
  • Normalización lingüística
    Conta de artigos:
    4
    • Tradición oral

      Co motivo do Día das Letras Galegas de 2010, o Concello de Cerceda convocou o I Certame de recollida da tradición oral, en colaboración cos centros de ensino do municipio, o CPI O Cruce de Cerceda e o CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva, e destinado ao alumnado de secundaria.

      Conta de artigos:
      3
  • Entidades culturais e deportivas
    Conta de artigos:
    16

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín