Perfil de contratante

A entrada en vigor da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, supuxo un impulso á utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos na contratación pública.
Nese marco legal, unha das liñas fundamentais de actuación dirixiuse a mellorar os sistemas de información sobre a actividade contractual, creando novas figuras, como o perfil do contratante e as plataformas de contratación que, a través de Internet, constitúen ferramentas de gran axuda para coñecer e seguir os procedementos contractuais abertos ou en curso e mesmo de descubrir as novas posibilidades de negocio co sector público. Dende aquí poderás acceder e consultar os anuncios de información previa, as licitacións en curso e a documentación de interese (pregos, datas de apertura, publicacións noutros medios), as adxudicacións provisionais e definitivas ou os puntos de contacto e medios de comunicación co órgano de contratación do Concello de Cerceda. Tamén poderás consultar, a partir da ligazón desta páxina, os procedementos de contratación publicados.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín