Deportes

Queres xogar ou aprender o paddle? Coñece as instalacións municipais durante este mes de agosto

Se tes entre 7 e 15 anos de idade, e che apetece aprender ou, se xa sabes, xogar ao paddle... tes unha boa oportunidade, durante este mes de agosto, de coñecer estas instalacións municipais. Fai a túa reserva chamando ou enviando un whastapp ao seguinte teléfono 604026139. Anímate...e non perdas esta boa oportunidade!

Sorteo Público das prazas dos Campamentos deportivos de verán 2018 da Deputación da Coruña

O sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda, pola Deputación da Coruña, da Campaña de Campamentos deportivos 2018, realizarase o martes 19 de xuño, ás 12:30h, no Salón de Plenos da Casa consistorial.

Campamentos urbanos de verán 2018: aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación dos Campamentos de verán 2018. Xa podes consultar a información e facer a túa inscrición nas Oficinas xerais. Nas diferentes quendas mesturaranse actividades lúdicas propias de campamentos adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural que acheguen aos nenos e nenas ao pobo de Cerceda, á natureza, á cociña … Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que os nenos e nenas disfruten do seu tempo de ocio mediante novas experiencias.
  • Dirixido a nenos/as nados/as do 2.000 ao 2014.
  • Datas das quendas:
  • QUENDA 1 :   25 de xuño ao 6 de xullo QUENDA 2: 9 de xullo ao 20 de xullo QUENDA 3: 23 de xullo ao 6 de agosto

Imos esquiar a Cabeza de Manzaneda?

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe: * Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)
* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo. * Material deportivo
* Forfait do día
* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso) PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas) APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro. INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín