Cultura e educación

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda o venres 31 de marzo

Anota na axenda que este venres, 31 de marzo, temos cita na Biblioteca de Cerceda co espectáculo Lúa na Vila dos libros. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 31 DE MARZO ÁS 17:15h.
  • ESPECTÁCULO: LUA NA VILA DOS LIBROS DE GUA GUA TEATRO Lúa en Vila dos Libros (pequenísimo musical), mestura o teatro e a música para plantar n@s pequen@s a semente do gusto pola lectura. Adapta o teatro musical a pequenos espazos (bibliotecas, casas da cultura, salóns de actos...) cunha historia que fala da importancia dos libros e os contos nas nosas vidas, e cancións que falan de vivir máxicas aventuras no noso día a día mergullándonos nos libros. A partir dos 2 anos de idade
  • Un espectáculo do Programa Ler Conta Moito da SX. de Cultura
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono do Concello 981685001
 

Apúntate ao Obradoiro de cociña "Coas mans na masa" edición Pascua

Nova edición do Obradoiro de cociña "Coas mans na masa" para a Pascua!! Dirixido ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. A actividade desenvolverase os mércores do mes de abril das 17:00 ás 18:30h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello a partir do mércores 29 de marzo. As prazas están limitadas. OBRADOIRO COAS MANS NA MASA EDICIÓN PASCUA
  • Mércores 5, 12, 19 e 26 de abril. Das 17:00 ás 18:30h. Centro Cívico de Cerceda
  • Apertura do prazo de inscrición: A partir do mércores 29 de marzo, nas Oficinas xerais.
  • CUSTE: 10 euros. Bonificación do 10% para familias numerosas
  Attachments:
4SOLICITUDE OBRADOIRO DE COCINA NENOS-PASCUA.pdf

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Portugal para a última fin de semana do mes de xuño

VIAXE A PORTUGAL
O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Portugal para a última fin de semana do mes de xuño (do 29 de xuño ao 02 de xullo de 2017). Consulta o programa da viaxe. O prazo de inscrición está aberto e só quedan 14 prazas Inscricións nas Oficinas Xerais do Concello

SALÍDA XOVES 29 DE XUÑO. VILANOVA DE CERVEIRA

07:00 HORAS:        RECOLLIDA DIANTE DO CONCELLO DE CERCEDA 11:30 HORAS:        VISITA A VIANA DO CASTELO E COMIDA NESA LOCALIDADE. 20:30 HORAS:        CHEGADA Ó HOTEL INATEL**** ACOMODACIÓN NAS HABITACIÓNS 21:00 HORAS:        CEA NO HOTEL.
VENRES 30 DE XUÑO. VISITA A BRAGA
08:00 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL 09:00 HORAS:        VISITA A BRAGA 20:00 HORAS:        CEA NO HOTEL

SABADO 1 DE XULLO

08:30 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL 09:00 HORAS:        DÍA LIBRE EN VILANOVA DE CERVEIRA, DÍA DE MERCADO 20:30 HORAS:        CEA NO HOTEL
DOMINGO, 2 DE XULLO. A GUARDA E REGREGO A CERCEDA
08:00 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL E SAÍDA PARA A GUARDA 11:30 HORAS:        VISITA O CASTRO DE SANTA TECRA E O SANTUARIO. 14:30 HORAS:        COMIDA NA GUARDA 18:00 HORAS:        SAÍDA PARA CERCEDA CON CHEGADA APROX. AS 21.00 HORAS

PRECIO: Habitación doble/persoa: 235.00 EUROS

 
  DENTRO DO PRECIO INCLÚESE O DESPRAZAMENTO EN AUTOCAR, ALOXAMENTO, PENSIÓN COMPLETA, ACOMPAÑANTE DE VIAXE, E EXCURSIÓNS SEGUNDO A PROGRAMACIÓN DESTE FOLLETO E SEGURO DE VIAXE. NOTA:
  • OS HORARIOS SON APROXIMADOS E O PROGRAMA PODE SUFRIR ALGUNHA VARIACIÓN.
  • AQUELA PERSOA QUE NON DESEXE FACER ALGÚN DOS ITINERARIOS INCLUIDOS NA VIAXE DEBE COMUNICALO Á PERSOA RESPONSABLE DE GRUPO CUN DÍA DE ANTELACIÓN, SABENDO QUE OS GASTOS DE XANTAR CORRERÁN POLA SÚA CONTA.
  • OS GASTOS DERIVADOS FÓRA DA PROGRAMACIÓN PROPOSTA, CORRERÁN A CARGO DO USUARIO.

Merendas e Contos o venres na Biblioteca da Silva

Este venres tocan as Merendas e Contos na Biblioteca da Silva... así que non esquezas facer a tua inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • VENRES, 17 DE MARZO -- ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: CONTACONTOS DADA O DUENDE. A partir de 3 anos de idade
  • Un espectáculo do Programa Ler Conta Moito da SX. de Cultura
 

Chega a Cerceda a Exposición "O Principiño ao redor do mundo. A Colección de Carlos Casares"

A Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas quere conmemorar ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017 acollendo a MOSTRA O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES, da Fundación Carlos Casares, no mes de marzo. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, tras o labor de tradución de O Principiño á lingua galega comezou a mercar exemplares da obra de Saint- de- Exupéry en disitintas linguas do mundo. No momento da súa morte xa pousía máis de 100 exemplares en distintas edicións. O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES
  • DO 16 AO 31 DE MARZO DE 2017
  • HORARIO DE VISITAS: Luns - Venres das 15.30 ás 20.30h e Sábados das 10.00 ás 13.30h
  • Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas-- Biblioteca municipal de Cerceda

LLega 800

Máis información en https://www.llega800.es/

Entroido infantil e xuvenil o martes 28 de febreiro

Xa está todo preparado para poder desfrutar do Festival de Entroido infantil e xuvenil no Pavillón municipal de Cerceda o martes 28 de febreiro. Non faltarán os inchables, obradoiros, a rosca e o chocolate. Non esquezas o teu disfraz!! A partir das 16:30h

Participa no acto homenaxe a Rosalía de Castro este venres 24 de febreiro

O Concello de Cerceda quere conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun acto homenaxe de lectura pública da súa obra. Súmate ao acto, deste venres 24 de febreiro, a partir das 10:30h no Salón de Plenos do Casa do Concello. #rosalíate #mobilizarosalía  

Arranca o programa de visitas guiadas aos museos de Cerceda

Coa finalidade de aproximar a toda a veciñanza estos equipamentos iníciase a programación de visitas guiadas "Coñece os nosos museos". Xa está aberto o prazo de inscrición para a visita programada para o sábado 25 de marzo no teléfono 639 40 20 34, de 8:30 a 15:00h. Estas xornadas de portas abertas permitirán que todos aqueles veciños e veciñas de Cerceda se acheguen e coñezan os nosos museos, ou que aqueles que xa os coñecen descubran algo novo: Duración: de 10 a 14 horas. Percorrido: saída do Ecomuseo (no Centro Cívico, enfrente da piscina municipal), continuaremos polo Xardín Botánico e a Aula da Natureza, café – descanso e visita ao Museo do Moucho e o Museo da Minería, rematando por percorrer o entorno do Lago de Encrobas e volta ao Centro Cívico. Punto de partida e traslados: O punto de partida das xornadas será o Centro Cívico e os traslados de un a outro museo realizaranse en autobús. Inscripción: Para participar nas xornadas débese chamar ao 639 40 20 34 de 8:30 a 15:00h
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín