Axudas de material escolar. Curso 2017-2018.

Ata o vindeiro día 5 de outubro estará aberto o prazo para solicitar as Axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario básico para o curso escolar 2017-2018.

As axudas están dirixidas a aquelas familias con menores a cargo, escolarizados/as en centros de ensinanza públicos do termo municipal de Cerceda, e que cursen estudos do segundo ciclo de educación infantil, ensinanza primaria ou secundaria obrigatoria e que cumpran cos requisitos económicos establecidos nas bases da convocatoria.

A convocatoria saiu hoxe, 15 de setembro de 2017 publicada no BOP, onde se da conta das bases reguladoras desta subvención.

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín