Actualidade

Formularios e solicitudes

Listaxe provisional do alumnado admitido e excluído na escola infantil municipal para o curso 2018-2019

O venres 11 de maio reuniouse a Comisión de Baremación, de Coordinación e de Seguimento da escola infantil, para valorar e baremar as solicitudes de praza para o curso 2018-2019. A listaxe provisional de alumnado admitido, excluído e en lista de agarda é a seguinte:   Attachments:
listaxe provisional adxudicación praza eim curso 2018-2019.pdf

Os vellos non deben namorarse de Fantoches Baj, este domingo 13 de maio no Auditorio municipal

Os Vellos non deben de Namorarse por Fantoches Baj Desde a súa estrea no teatro Mayo de Buenos Aires no 1941, data da que se cumpriron 75 anos no 2016, Os vellos non deben de namorarse foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria de obrigada lectura como texto de múltiples e variadas propostas escénicas. O deseño dos monicreques e escenografía segue punto por punto os deseños feitos por Castelao para a súa estrea, dos que existe unha abundante documentación (deseños, fotos, partituras, máscaras e anotacións.) Un espectáculo de calidade que respecta as intencións do autor. Non esquezas a cita, domingo 13 de maio ás 18:00h, no Auditorio municipal de Cerceda. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018 @DACCultura facebook.com/Culturadac

Taller Participativo sobre Infraestrutura Verde, este xoves 3 de maio

Neste obradoiro vaise estudar o desenvolvemento da accións de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios. Polo lo que e de interese que participen os diferentes colectivos que forman o concello. Esta xornada está aberta a toda a poboación.
  • Xoves 3 de maio, ás 18:30 horas no primeiro andar da Biblioteca Municipal de Cerceda

Campus RFEF 2018

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 27 de abril

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
  • Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
 

Feo! de Caramuxo Teatro este domingo 22 de abril no Auditorio municipal de Cerceda

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato , inspirado en“O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente... Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.
Anota a cita... 
  • DOMINGO, 22 DE ABRIL--ÁS 17:30H
  • FEO! DE CARAMUXO TEATRO-- PARA NEN*S A PARTIR DE 3 ANOS
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
Coa colaboración da Rede Cultural 2018 da Deputación da Coruña

Benestar en balnearios 2018. Aberto o prazo de solicitude.

Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018. Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social. Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade. As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018. O prazo de presentación de solicitudes é: - ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño. - ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro. Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano. Attachments:
programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf

Solicitude de praza na Escola Infantil Os Pillabáns para o curso 2018-2019

 SOLICITUDE DE PRAZA CURSO 2018-2019   Novas solicitudes: do 15 ao 30 de abril 2018 Documentación que debe achegar xunto co modelo de solicitude: - Fotocopia do DNI dos pais/nais/titores
- Libro de familia (fotocopia de todas as páxinas dos membros da familia) ou certificación literal de nacemento. - Autorización para que o Concello recade os datos tributarios relativos ó nivel de renda (IRPF) ano 2016. (Anexo III) - Xustificante de ocupación e emprego no ano 2018:       - empregados/as: última nómina ou certificado de empresa.       - desempregados: certificado de desemprego. - IBAN bancario (para a domiciliación) - Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a Outros casos: - Certificado de discapacidade - Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións - Documentación que acredite as situacións de separacións, abandono do fogar, etc.   IMPORTANTE:  DEBERÁ PRESENTAR A SOLICITUDE NO REXISTRO XUNTO COS DOCUMENTOS ORIXINAIS.
      Attachments:
SOLICITUDE PRAZA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín