Saludo de la alcaldía

Como alcalde do Concello de Cerceda quero darlle a benvida ao noso novo web municipal, un espazo que parte co obxectivo de facilitarmos a interrelación coa cidadanía.

CONCELLO DE CERCEDA
Casa do Concello
Avenida do Mesón s/n
15185 Cerceda
Teléfono: 981 685 001
ALCALDÍA
Teléfono: 981 685 152

Nos últimos tempos ten mudado de forma exponencial o xeito no que nos comunicamos e en no que nos informamos. A Internet ábrenos as portas a unha nova realidade na que a información circula case en tempo real, e Cerceda non pode ficar á marxe dela. Somos conscientes de que temos diante de nós unha oportunidade para situarmos Cerceda no mundo, polo que decidimos crear este espazo para comunicármonos e para presentármonos.

Hai xa anos que Cerceda está na liña do futuro: o noso concello ten mudado e tense modernizado. Temos un polígono industrial á altura do novos tempos cun grande número de empresas e onde, en pouco tempo, veremos o nacemento dun Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico; o Concello vén apostando tamén pola modernización das súas infraestruturas e pola oferta de múltiples servizos á nosa cidadanía. Mais tamén debemos apostar pola vía da comunicación, e este espazo web vén cumprir o noso obxectivo.

Co novo espazo web pretendemos converter o Concello de Cerceda nunha administración moito máis áxil e eficaz, así como facilitar todos os trámites, difundir a nosa información diaria e aproximar a cidadanía á vida municipal. Mais tamén queremos que sexa un escaparate do noso concello no mundo, un medio en que os nosos emigrantes atopen información constante e en que poidan contactar connosco.

Agardamos, tamén, polas súas suxestións para mellorar os nosos servizos e facer do noso concello un lugar mellor.

Desexamos que tire proveito desta páxina web e que lle sirva para se manter informado/a co que acontece no concello.

Reciba un cordial saúdo.

José García Liñares
Alcalde de Cerceda

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto