Chega a Cerceda a mostra gañadora do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña

Chega a Cerceda a exposición “O Corpo de Cristo” da coruñesa Bea Lema gañadora do Certame XIII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, no ano 2017.

A mostra permanecerá na Sala de Exposicións municipal Xosé Neira Vilas, do 29 de maio ao 12 de xuño en horario das 15:30 ás 20:30h, de luns a venres, e das 10:00 ás 14:00h os sábados.

Bea Lema, formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña inicia a súa traxectoria profesional traballando para a firma de cerámica Sargadelos.

A mostra “O Corpo de Cristo” está composta por 20 paneis e a través deles, e tal e como salientou o xurado do Certame, mostra a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos e de sensibilidade para contar patoloxías mentais dende o punto de vista infantil.

  • SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS XOSÉ NEIRA VILAS—BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • DO 29 DE MAIO AO 12 DE XUÑO
  • HORARIO: L-V das 15:30 ás 20:30h e Sábados das 10:00 ás 14:00h

Coa colaboración da Deputación da Coruña

@DACCultura

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto