Programa de benestar a través da talasoterapia 2018

Este ano 2018 ponse en marcha o Programa de benestar a través da talasoterapia, coa finalidade de facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas nas que a climatoloxía non nos permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

Mediante este programa ofértanse un total de 210 prazas con estadías de 6 días (5 noites) nos talasos de Galicia e nas datas que se indican no diptico. 

Persoas beneficiarias e requisitos

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

A persoa solicitante poderá ir acompañada:

  1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
  2. Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no apartado 1.

As  persoas  solicitantes  terán  que  cumprir  os  requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitude

Servizos e prestacións que se inclúen

  1. Estadía de 6 días, cinco noites (de domingo a venres).
  2. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  3. Acceso diario ao circuíto mariño
  4. Póliza colectiva de seguro turístico

Prazo de presentación

para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 31 de xullo do 2018, nos servizos sociais do concello.

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto