Noticias

Cerceda será sede do Campus de fútbol da Real Federación Española de Fútbol durante este verán 2017

CAMPUS DE FÚTBOL “SEDE A CORUÑA”
O Concello de Cerceda será unha das sedes da Fundación RFEF do Campus de Fútbol dirixido a participantes de 8 a 17 anos de idade. Para que desfruten dun verán inolvidable e fagan realidade os seus soños a través do campus de fútbol interno e externo do 2 de xullo ao 12 de agosto. Xa está aberto o prazo de inscricións. Toda a información no seguinte enlace http://www.rfef.es/campus Folleto informativo: http://cdn1.sefutbol.com/sites/default/files/pdf/campus/folleto_informativo_campus_rfef_2017_-_a_coruna_0.pdf Ficha de inscrición: http://cdn1.sefutbol.com/sites/default/files/pdf/campus/ficha_inscripcion_campus_rfef_2017_-_a_coruna.pdf  

Éxitos deportivos da Escola municipal de Judo

Noraboa ao alumno da Escola municipal de Judo ADRIÁN MOSQUERA VEIRAS, que o pasado domingo 2 de abril, acadou o OURO no Campionato Galego Escolar 2017 (Cadete) celebrado en Cambre. Así mesmo, consegue o pase final á Fase final Autonómica que se celebrará o 22 de abril deste mes. Os éxitos deportivos da Escola municipal de Judo compleméntase co feito de que tres dos seus alumnos: FABIO FERREIRA BESTILLEIRO, LAURA GARCÍA LEIRO E DANIEL GONZÁLEZ EIRÍS aprobaron o examen de OFICIAL DE ORGANIZACIÓN deste deporte, que é a primeira titulación de arbitraxe que poden obter.  

Queres vir a un partido de baloncesto este sábado 18 de marzo?

  O Concello de Cerceda quere invitar a 50 nenos e nenas a ver o encontro de baloncesto entre ó RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO - REAL MADRID, que se celebrará o sábado 18 de marzo– ás 19:00 horas-( Saída de diante do Concello ás 17.00 horas). As invitacións concederanse por estrita orde de inscrición nas Oficinas xerais do Concello. Máis información: 981685001 Fai a túa inscrición...

SUBVENCIONS DA DEPUTACION DA CORUÑA PARA ENTIDADES DEPORTIVAS

A Deputación da Coruña, convocou as axudas para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a anualidade 2017. Para máis información:   Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2017.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001800.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, interprovincial ou autonómico durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001802.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001803.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2017.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001806.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001808.pdf

Imos á neve? Xa está aberto o prazo de inscrición

PROGRAMA CAMPAÑA ESQUÍ 2017. CONCELLO DE CERCEDA O Concello de Cerceda organiza unha fin de semana na neve en Cabeza de Manzaneda. A actividade desenvolverase do 17, 18 e 19 de febreiro de 2017
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: LÍMITE DE INSCRICIÓN ATA 27 DE XANEIRO 2017(INCLUÍDO)
  • DIRIXIDO: RAPAZAS E RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 12 E OS 18 ANOS
  • CUSTE:  100 euros/participante
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais do Concello

Novos cintos negros da Escola municipal de Judo de Cerceda

Na xornada do pasado domingo 18 de setembro, no Pazo dos deportes de Arteixo, desenvolvéronse os exames de Cinto Negro 1º DAN. A Escola municipal de Judo de Cerceda xa conta con 7 novos cintos negros: - ANTÍA PEREIRO BARREIRO - LAURA GARCÍA LEIRO - ADRIÁN MOSQUERA VEIRAS - ALEJANDRO GESTAL QUEIJAS - DANIEL GONZÁLEZ EIRÍS - FABIO FERREIRA BESTILLEIRO - LUIS MOSQUERA CONDE

Día da Bicicleta 2015: Domingo 6 de Setembro

DÍA DA BICI: DOMINGO 6 SETEMBRO PROGRAMA DA XORNADA: A partir das 11h CARREIRA INFANTIL: Circuíto mini BTT no recinto do Parque Acuático -          1,2 km. percorrido en dúas mangas -          Dificultade baixa -          Idades: de 3 a 16 anos CARREIRA ADULTOS/AS: Circuíto BTT con saída do Parque Acuático e remate no mesmo -          Distancia: 10/15 km -          Dificultade media-baixa -          Idades: a partir de 14 anos Imprescindible:casco INSCRICIÓNS:
  • Custe: 5 euros (inclúe: a participación na proba, entrada gratuíta ao Aquapark e pinchos)
  • Apertura prazo inscrición: 17 de agosto. Nas Oficinas xerais do Concello

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto