Servizos e equipamentos culturais

Neste apartado pode consultar a localización, a información de contacto e as características dos servizos e equipamentos con que conta o Concello de Cerceda para atender as necesidades da súa cidadanía.
Aula de Informática (CEMIT)

Aula de Informática (CEMIT)

Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

Ler máis: Aula de Informática (CEMIT)

Aulas Municipais

Aulas Municipais

Cerceda dispón dunha serie de espazos habilitados para usarse como aulas de formación e actividades varias.

Ler máis: Aulas Municipais

Centro Cívico

Centro Cívico

O Centro Cívico do Concello de Cerceda é un edificio multidisciplinar que pode acoller unha grande variedade de actividades, na maior parte delas socioculturais e actividades deportivas e de lecer. Attachments:
Mapa dos equipamentos do Concello de Cerceda

Ler máis: Centro Cívico

Centro Social

Centro Social

O Centro Social de Maiores de Cerceda é un lugar de encontro en que se promove fundamentalmente a convivencia das persoas maiores co obxectivo de desenvolver a solidariedade e potenciar a integración persoal e comunitaria.

Ler máis: Centro Social

Centro Sociocultural da Silva

Antigua escola unitaria que foi rehabilitada e consta de tres aulas de formación nas que se desenvolven actividades culturais, deportivas e de lecer, e unha aula de costura.

Centro Sociocultural de Meirama

Antigua escola unitaria que foi rehabilitada e consta de dúas aulas de formación nas que se desenvolven actividades culturais, deportivas e de lecer.

Centro Sociocultural de Rodís

Antigua escola unitaria que foi rehabilitada e consta de dúas aulas de formación nas que se desenvolven actividades culturais, deportivas e de lecer.
Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

Escola Infantil

A Escola Infantil Municipal Os Pillabáns é unha escola infantil de 0 a 3 anos que se define como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata tres anos de idade.

Ler máis: Escola Infantil

Protección Civil

Protección Civil

Como membros dun servizo público de ámbito local, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Concello de Cerceda traballan desde o ano 1999 na xestión de riscos e emerxencias que se producen no municipio, así como da rehabilitación mediante a restauración dos servizos esenciais e a recuperación da situación de normalidade tras a emerxencia. 

Ler máis: Protección Civil

Punto Limpo

Punto Limpo

O punto limpo de Cerceda creouse co obxectivo fundamental de servir como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Ler máis: Punto Limpo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín