Punto Limpo
Punto Limpo

Punto Limpo

O punto limpo de Cerceda creouse co obxectivo fundamental de servir como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

PUNTO LIMPO
Lugar do Acevedo s/n
15186 Cerceda
Teléfono: 981 685 001

Os obxectivos principias desta instalación son os seguintes:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar a vertedura incontrolada de cascallos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio como os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

No punto limpo de Cerceda poden depositarse residuos como o papel e cartón, vidro, plásticos de diferentes tipos, metais, téxtil, material inerte procedente de pequenas obras domésticas, esprais, tubos fluorescentes, pilas, aceites usados, radiografías...

Non pode levarse:

  • Materia orgánica: usualmente a súa recollida selectiva está prevista para ser levada a cabo a través de colectores específicos instalados nas rúas das vilas.
  • Residuos industriais de grandes e medianas empresas: as grandes e medianas empresas xa teñen establecido un sistema correcto de xestión dos residuos que producen.
  • Residuos radioactivos.

O punto limpo está aberto ao público de luns a venres entre as 16 e as 20 horas e mais os sábados entre as 10 e as 14 horas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín