Actualidade

Horario de apertura do Punto Limpo

HORARIO DO PUNTO LIMPO MUNICIPAL  LUNS A VENRES: 16:00 a 20:00 horas SÁBADOS: 10:00 a 14:00 horas Para calquera dúbida poden contactar coa Área de Sanidade e Medio Ambiente do Concello.

Coas mans na masa para nenos: aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda organiza o Obradorio Coas mans na masa dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos Esta nova edición do obradoiro desenvolverase os luns do mes de novembro (9, 16, 23 e 30) en horario das 17 ás 18:30h. A temática da actividade xirará sobre a temática do Samaín.
  • A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos de Cerceda
  • O custe é de 6,75 euros
  • Inscrición nas Oficinas xerais do Concello a partir do xoves 8 de outubro.
  • As prazas son limitadas
 

Obradoiro de Nutrición e Saúde: Cociña, despensa e alimentación no Outono-Inverno

ESCOLA DE APRENDER A COMER: COCIÑA, DESPENSA E ALIMENTACIÓN NO OUTONO-INVERNO. A partir de 16 anos A través deste obradoiro de cociña saúdable queremos traballar os seguintes obxectivos:
  • Coñecer as propiedades nutricionais dos alimentos do outono-inverno
  • Comer de xeito equilibrado: seleccionar os alimentos adecuados, as preparacións culinarias
  • Aprender estratexias para a organización dos menús diarios
  • Concienciarnos de que a saúde depende, en gran medida, da alimentación.
- Inicio: Mércores, 28 de outubro - Remate: Mércores, 16 de decembro - Horario: Mércores das 18 ás 20h. Centro Cívico Inicio prazo inscrición: 15 de setembro. IDADE: A partir de 16 anos (xa cumplidos) Prezo: 35 euros Persoas beneficiarias do Carné Xove: 29,75 euros Documentación: - Formulario de solicitude. Consultarase o Padrón Municipal para verificar os datos incluídos neste impreso.
- Xustificante bancario do pagamento - Fotocopia do Carné Xove (de aplicación desconto do Carné Xove) Attachments:
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO DE NUTRICION E SAUDE.pdf

Os Bolechas chegan a Cerceda o sábado 3 de outubro

CONFIRMADO... OS BOLECHAS E A SÚA MÁQUINA DO TEMPO CHEGARÁN A CERCEDA O SÁBADO 3 DE OUTUBRO!! A través da Programación FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística ANOTA... E NON ESQUEZAS A TÚA CITA:
  • OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • SÁBADO, 3 DE OUTUBRO, ÁS 18H
  • ATA COMPLETAR AFORO
 

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS FISCAIS 2015. Prazo de exposición do 15 de setembro ó 20 de outubro.

Dende o día 15 de setembro están en exposición pública os seguintes padróns fiscais: - Imposto sobre bens inmobles urbanos. - Imposto sobre bens inmobles rústicos. - Imposto sobre bens de caracterísitcas especiais. - Imposto sobre actividades económicas. Os padróns fiscais quedarán expostos ó público na Deputación Provincial da Coruña (rúa Archer Huntington, nº 17, 15001. A coruña), onde poderán ser examinados polas persoas interesadas. Tamén se pode consultar nas oficinas municipais, no departamento de Intervención, previa presentación do DNI da persoa contribuínte ou o recibo do imposto correspondente o ano 2014. O último día de exposición será o 20 de outubro de 2015.   Attachments:
BANDO EXPOSICION PUBLICA PADRONS FISCAIS.pdf

Programación Cursos Informática: atención aos prazos de inscrición

OFERTA CURSOS DE INFORMÁTICA OUTUBRO 2015-FEBREIRO2016 As solicitudes deberanse facer, nos horarios sinalados a continuación, no Centro Cívico por estrita orde de inscrición:
  • Cursos Nenos/as: Inscricións o 15 de setembro, das 10-14h
  • Cursos Adultos/as Nivel I e III: o 16 de setembro, das 10-14h
  • Cursos Adultos/as Nivel II: 17  de setembro, das 10-14h
OFERTA CURSOS INFORMÁTICA OUTUBRO 2015-FEBREIRO 2016
ADULTOS Nivel I Cerceda Luns e Xoves de 10:00 a 11:15
Nivel II Cerceda Luns e Xoves de 11:30 a 12:45
Nivel II Cerceda Martes e Venres de 10:00 a 11:15
Nivel II A Silva Mércores de 10:30 a 12:30
Nivel III Cerceda Martes e Venres de 11:30 a 12:45
NENOS/AS Nen@s de 6º E.I. e 1º E.P. Cerceda Luns de 16:15 a 17:15
Nen@s de 2º e 3º E.P. Cerceda Xoves de 16:15 a 17:30
Nen@s de 6º E.I., 1º, 2º e 3º de E.P. A Silva Mércores de 15:00 a 16:00
Attachments:
Formulario Inscricion ADULTOS.pdf
Formulario Inscricion NEN@S.pdf

Concentración polas vítimas do Ralli de A Coruña

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA POLAS VÍTIMAS DO RALLI DE A CORUÑA Ás 12h, concentración diante da Casa do Concello de Cerceda, en recordo das vítimas do accidente do Ralli de A Coruña da pasada fin de semana. O Concello de Cerceda declara dous días de luto oficial Attachments:
Concello de Cerceda Declaracion luto oficial.pdf

Día da Bicicleta 2015: Domingo 6 de Setembro

DÍA DA BICI: DOMINGO 6 SETEMBRO PROGRAMA DA XORNADA: A partir das 11h CARREIRA INFANTIL: Circuíto mini BTT no recinto do Parque Acuático -          1,2 km. percorrido en dúas mangas -          Dificultade baixa -          Idades: de 3 a 16 anos CARREIRA ADULTOS/AS: Circuíto BTT con saída do Parque Acuático e remate no mesmo -          Distancia: 10/15 km -          Dificultade media-baixa -          Idades: a partir de 14 anos Imprescindible:casco INSCRICIÓNS:
  • Custe: 5 euros (inclúe: a participación na proba, entrada gratuíta ao Aquapark e pinchos)
  • Apertura prazo inscrición: 17 de agosto. Nas Oficinas xerais do Concello

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DAS SOLICITUDES PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR QUE ESTÁN COMPLETAS OU PENDENTES DE EMENDA

Rematado o prazo de presentación das solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2015-2016 e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Alcalde, José García Liñares, aprobou por Decreto con data 17/08/2015 as listaxes das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Prazo de emenda: do 19 ao 29 de agosto de 2015 Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Programación de actividades culturais e deportivas 2015/2016: Continúa aberto o prazo de solicitude

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL 2015/2016 DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS Consulta a proposta de actividades para o Curso 2015-2016 do Concello de Cerceda. Unha programación pensada para tod@s, así que fai a reserva da túa praza durante este mes de xullo nas Oficinas xerais. Attachments:
DOMICILIACION_TAXA_REGULADORA_DAS_ACTIVIDADES_DEPORTIVAS_E_CULTURAIS.pdf
PROGRAMA ACTIVIDADES 2015.2016.pdf
SOLICITUDE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS_modelos2014.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín